A plataforma de Haktivistas Anonymous acomete con dureza a súa “operación Blackout”, atacando na rede obxectivos relacionados co intento de aprobación en E.E.U.U. da polémica lei S.O.P.A (Stop Online Piracy Act) que pretende acabar coa piratería en internet combatindo o tráfico de contidos con “dereitos de autor”, algo así como unha ferrea “lei Sinde” á americana.
O peche de “Megaupload” motivou un virulento incremento dos ciberataques: nos días seguintes á desaparición da páxina de descargas, Anonymous bloqueaba decenas de webs institucionais, de discográficas e doutros valedores de tan discutida lei de defensa da “propiedade intelectual”. Así, as páxinas do F.B.I., da Asociación Americana da Industria de Grabación, do departamento de xustiza americano, ou da Universal Music Group ficaron temporalmente pechadas mediante ataques de denegación de servicio. Pero a ofensiva non limitouse a estados unidos, pois deste lado do charco tanto Francia (cunha dura lexislación en materia de propiedade intelectual), coma Polonia ou España tamén sufriron ataques.
Lonxe de ficar aí a cousa, os integrantes de Anonymous filtraron na rede os datos persoais do director do FBI, Robert S. Muelle, así como da súa familia e amigos.
A continuación da ofensiva tivo a SONY coma obxectivo. A plataforma haktivista, que xa declarara a guerra a multinacional xaponesa polo seu apoio a lei S.O.P.A., publicou enlaces “torrents” que permiten descargar gratis todo o catálogo musical da compañía (aquí). As outras xigantes da música tamén atopanse baixo ameaza.
En vistas dos video-comunicados que circulan pola rede, a ofensiva non semella rematada.
C.R.
Información extraída da prensa comercial
25 ene 2012
Anonymous contra a lei S.O.P.A. , contundente ofensiva en internet
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario