Reproducimos a seguinte información que nós atopamos no Boletín Tokata (aquí) e traducimos ó galego:
Segundo un lector de La Vanguardia: «Institucións Penitenciarias ten, dende xuño de 2009, o seu propio servizo de información de nova planta; pola porta falsa e sen apoio legal abondo (RD 419/2011), nalgúns Centros penitenciarios, designáronse determinados funcionarios para conformar os denominados "Grupos de Control e Seguimento de Información" que, á marxe do réxime e do tratamento penitenciarios establecidos, se dedicarán a obter de entre os internos, con métodos fóra de norma e sen a supervisión xudicial que os lexitime, "información relevante para a seguridade da Institución e do Estado" (sic). Son prácticas aberrantes, para a condición humana dos presos e para o desempeño profesional dos que as levan a cabo, pois supoñen unha intromisión ilexitima na intimidade da persoa, ademais furtan calquera abertura á liberdade individual e reducen absolutamente a autonomía dos internos. Por imperativo legal, unha actuación administrativa deste carácter tan especial tería que ser autorizada polo Congreso. Pero ninguén se sorprendeu, no cárcere cabe todo.»
Trátase quizais do tratado con estudada ambigüidade no artigo 65 do vixente Regulamento Penitenciario, modificado polo citado Real Decreto, o que serviu para legalizar o FIES. Ese artigo do RP titulado «Medidas de seguridade interior» di, entre outras cousas, o seguinte: «3. Ó fin sinalado no apartado anterior, a Administración penitenciaria poderá constituír grupos especializados de funcionarios.»
25 ene 2012
Servizo De Información Carcelero?
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario