O pasado 15 de novembro, na cidade francesa de Tolouse, sete persoas foro detidas e sete casas (algunhas delas okupadas) foron rexistradas pola policía, incautándose ordenadores, móviles, libros e obxectos persoais. A redada relacionábase co ataque perpetrado o pasado 5 de xullo contra o local da Protección Xudicial da Xuventude en Labèg, preto de Tolouse, onde varios descoñecidos puxeron patas arriba as instalacións en protesta pola xestión que este organismo realiza do cárcere de menores da mesma vila.
Despois de 32 horas baixo custodia, catro dos detidos pasaron a prisión preventiva mentres que outros ficaron a disposición xudicial acusados da "participación nun grupo formado coa intención de actuar con violencia contra as persoas ou causar a destrucción e danos á propiedade", "actos de violencia que non ocasionaron incapacidade en individuos” e "a degradación ou deterioro da propiedade allea".
Máis información en castelán en "Alasbarricadas" (aquí) e en inglés en "Act For Freedom Now!" (aquí)
28 nov 2011
Detencións en Tolouse (Francia)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario