Unha vez máis a "xustiza" deixa de manifesto o que moitos xa sabemos: que o "peso da lei" recae únicamente nos de abaixo mentres que os de arriba gozan da máis absoluta impunidade.
Nesta ocasión o beneficiado de que o "estado de dereito" se pase a súas leis polo forro da democracia é Alfredo Sáenz, o conselleiro delegado do Banco Santander. Pese a que a sentencia só era de inhabilitación por uns exiguos tres meses e apenas suporía un ridículo percance para o sancionado, este sistema democrático non puido conterse de amosar unha vez máis que aquí quenes gobernan son os banqueiros, e que a quen goberna non se lle aplican as mesmas normas que ós gobernados. Así que deixou sen efecto a sentencia ratificada polo tribunal supremo que condeaba a tan excelso personaxe por un delito de acusación e denuncia falsa.
Ancha é castela e ó Cesar o que é do Cesar, e a quen non lle guste... pois xa sabe o que ten que facer.
Pero bueno, o caso non é tan sorprendente, ¿ou acaso non lembramos o indulto de José Barrionuevo polo caso GAL? naquela ocasión foi Jose Maria Aznar o que indultou ó ex-ministro socialista inculpado por terrorismo (porque hai terrorismos e terrorismos, por uns pasaste toda a vida na cadea e polos outros apenas botas tres meses). Así que é o mesmo que sexas dun partido que doutro, un policía, un xuíz o un banqueiro, a "xustiza" é para os pobres, que os que mandan non queren competencia.
Pois iso, que o que pense que "a xustiza é igual para todos" máis lle vale crer no conto dos tres porquiños ou no Ratoncito Perez, que teñen moitos máis visos de realidade.
C.R.
25 nov 2011
Indulto para un dos máis altos directivos do Banco Santander
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario