14 sept 2011

A okupa de Palavea continúa coa súa incansable actividade ( A Coruña )

Os traballos de acondicionamento do espazo progresan a bon ritmo mentres que incrementase sensiblemente a súa programación de actividades. Aos obradoiros semanais fixos (malabares e teatro) hai que sumarlles a asemblea de mulleres, a biblioteca e a tenda libre. Por outra banda, o centro social ten programado para esta fin de semana uns Encontros Anarquistas (que xa se anunciou neste blog: aquí) ademáis de, no mes de outubro, unhas Xornadas Anti-desarrollistas para os días 7,8 e 9, e un Hackmeeting os días 21,22 e 23 tamén en outubro.
A continuación podedes ler o comunicado que xs okupas distribuíron aos veciños.



Comunicado do Centro Social Okupado de Palavea á veciñanza


Desde a asamblea xestora de este Centro Social, queremos presentarnos no barrio có fin de superar as posíbeis desconfianzas que puidesen xurdir a raíz das novas das que os medios de comunicación se fixeron eco estas últimas semanas.

En primeiro lugar, queremos deixar claroque non é a nosa intención molestar a ningún veciño nin veciña do lugar, todo o contrario; o que nos intentamos é manter unha boa relación coa xente que vive nesta zona, revitalizando o barrio e impulsando as reivindicacións ás que as institucións fan caso omiso.

Por que okupamos?

Xa fai máis de tres semanas que levamos habitando o antigo internado das "Oblatas". A nosa presenza aquí non é casual, senón que é froito de centos de horas de asambleas, de moitos esforzos e traballos de rehabilitación, así coma de tarefas de investigación. Foi grazas a estas tarefas de investigación polas que nos decatamos de que a propiedade deste inmóbel é de Nova Caixa Galicia. Unha entidade financeira, que, coma todas, é culpábel da actual situación de crise económica e precariedade social e laboral que a mocidade estamos a sufrir, empurrando a moit@s moz@s á marxinación o desmprego e a emigración, mentres os bancos continúan a gañar cada vez máis cartos aínda á forza de desaloxar a familias enteiras por non poder pagar hipotecas millonarias cargadas de intereses. É por isto que entendemos a nosa actuación coma un acto de xustiza social fronte a quen nos nega a posibilidade dun futuro digno e estábel tan so para asegurarse egoistamente o seu marxe anual de beneficio.

Para que okupamos?

A nosa intención é dotar de vida un espazo que Nova Caixa Galicia estaba deixando apodrecer, apartar o espazo da especulación inmobiliaria, para construír un proxecto plural, que conte coas necesidades do barrio e manifeste o seu compromiso coa lingua galega, coa loita contra a explotación animal, contra o patriarcado e o capitalismo que está a destruír calquera posibilidade de vida digna.

Desde aquí, seremos quen de asentar as bases dunha alternativa ao actual modelo económico e social; unha alternativa baseada no apoio mutuo entre comunidades e persoas, no respecto, o asamblearismo, a autonomía e a autoxestión, así como a vida saudábel e a dignidade humana.

Animamos á cidadanía a que nos coñeza, que se pase polo Centro para constatar a realidadedo que aquí dicimos e para participar e propor actividades culturais que lles podan resultar de interese, sempre desde o respecto ao espazo e ao proxecto que estamos a construír de forma voluntaria e sen cobrar subvención nin salario algún, simplemente porque nos corroe esta sociedade na que sempre nos toca perder aos mesm@s.

Saúde

1 comentario:

  1. Aúpa, pasareime por alí esta finde a botar unha man no que sexa menester.

    Apertas e ánimo.

    ResponderEliminar