O pasado mércores 14 de setembro a Audiencia Provincial de Barcelona condenou á compañeira Tamara a 8 anos de cárcere por enviarlle un paquete explosivo ó ex secretario de Servicios Penitenciarios de Catalunya Albert Batlle en outubro do 2009. Ela aceptou os feitos e a pena que rebaixouse á metade respecto ó que lle pedía a fiscalía. Por outra banda, o mesmo día que tiña que ter lugar o xuízo, foi detido outro compañeiro anarquista en Madrid acusado de realizar máis de trinta accións contra obxectivos diversos (alguns deles con artefactos explosivos). Agora atópase na prisión de Soto del Real.
Tamara encontrábase encausada desde o 15 de decembro do 2010 acusada de intento de asasinato e tenencia de explosivos, cargos polos que a fiscalía lle pedía 12 e catro anos respectivamente (máis info - aquí, aquí e aquí). Os feitos ocurriron en outubro de 2009 no marco da campaña pola liberación do preso anarquista Amadeu Casellas , naqueles momentos en folga de fame(aquí). O xuízo ó final non tivo lugar porque a activista recoñeceu o envío dun paquete con pólvora que simulaba unha bomba, máis en nengún caso podía estoupar, e aceptou os cargos polo que a fiscalía rebaixou a pena á metade. As reaccións á sentencia non se fixeron agardar e houberon accións en mostra de apoio en diversas ciudades, como Sevilla onde se descolgaron faixas en diferentes accesos da cidade (comunicado aquí);así como en Barcelona onde cruzáronse tres contentores no cruce entre Travesera de Gràcia y Torrent de l’Olla ós que prendéronlles lume. Tamén, nesta mesma cidade, destrozáronse as lunas de tres sucursáis bancarias deixando no lugar a seguinte pintada: “Fuego a las prisiones. Guerra al Capital. Tamara Libertad”.(comunicado aquí)
Por outro lado, outro compañeiro anarquista madrileño, Lopez, foi detido no seu domicilio por axentes da Policía nacional. Está acusado de ataques contra sedes de partidos políticos, unha igrexa protestante, edificios oficiais , vehículos (como unha furgoneta dunha industria cárnica), un establecemento dunha peleteira ou sucursais bancarias. Algúns dos ataques estarían supostamente reivindicados como "Tierra Salvaje". Segundo a prensa burguesa, algúns destes atentados realizaríanse por medio dunha botella de camping gas envolta nunha manta que previamente fora empapada en líquido inflamable.
Atendendo á información verquida pola policía ós medios comerciais, levarían un ano seguíndoo e o localizarían supostamente por un descuido ó non levar a cara tapada e ser gravado por unha cámara de videovixiancia na última acción que se lle imputa (contra a Xunta Municipal de Tetuán, comunicado reivindicación- aquí). Ó parecer, o compañeiro recoñeceu en comisaría, tras un interrogatorio que durou horas, ser o autor dos feitos .
Informacion tirada de alasbarricadas (aquí) e da prensa burguesa (aquí e aquí)
19 sept 2011
Duros golpes represivos ó anarquismo ibérico.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario