10 sept 2009

Amadeu Casellas suma á folga de fame de 56 días unha de sede a partir deste luns.


Amadeu decidiu que a partir do Luns, día 7 de Setembro, SUMARÁ AOS SEUS 56 DÍAS DE FOLGA DE FAME, A FOLGA DE SEDE.

O pasado xoves día 3 de setembro, Amadeu foi visitado na Unidade Hospitalaria Penitenciaria de Terrassa pola súa familia directa e por unha das súas avogadas. Nesta visita trasladou que os abusos que está A sufrir desde a súa denegación de permisos no mes de abril foron en aumento. A Amadeu non se lle entregou ningún correo desde a súa chegada ao hospital o venres 28 de agosto e está farto de tantos abusos e arbitrariedades e como demostran os seus actos, está disposto a ir a por todas ante esta manifesta inxustiza.

Este Sábado 5 de Setembro, Amadeu puido facer a súa única chamada reglamentaria para falar cunha compañeira e comunicarlle que a súa situación, en vez de mellorar, empeorou. A circunstacia de que non lle entreguen correo, xa empezou a aplicarse durante os últimos días da súa estancia na enfermaría da prisión de Quatre Camins.

Por este motivo, e ante a imposibilidade de ningunha saída a esta situación, Amadeu decidiu que a partir do Luns, día 7 de Setembro, SUMARÁ AOS 56 DÍAS DE FOLGA DE FAME, A FOLGA DE SEDE.

Cabe dicir que, se Amadeu xa se atopaba nunha situación moi fráxil de saúde, esta decisión acelerará e multiplicará a gravidade de súa xa precaria situación. Amadeu está disposto a que non lle cometa ningún abuso máis con el, porque desde que se lle denegou o permiso de saída no mes de Abril, a progresión destes abusos foi en aumento e expresou que está decidido a deixarse a vida nesta loita, se non consegue a liberdade.

A defensa xurídica de Amadeu xa realizou as accións que criu convinte e realizáronse movementos para que desde o Xulgado de Vixilancia Penitenciaria Nº1 de Barcelona tomen as medidas oportunas e non poidan dicir que non saben nada destas circunstancias sufridas por Amadeu.

O apoio ao compañeiro nestas alturas é vital e solicitamos que se lle escriba desde o máximo de sitios posibles para solidarizarse con el, para que se poida sentir reconfortado con ese apoio do exterior.

Para escribirlle:
Amadeu Casellas Ramón
UHP – Hospital de Terrassa
Estrada Torrebonica s/n
08227 - TERRASSA - (Barcelona)

Noticia extraída de: www.klinamen.org

1 comentario: