8 jun 2011

A CIG di que a Marcha a Teixeiro é de etarras e que a garda civil non defende ós carceleiros

Aquí vos deixamos un enlace a un comunicado publicado pola sección de prisións da CIG o ano pasado, no que non só califican ós participantes da Xª Marcha ó carcere de Teixeiro como "familiares de etarras e radicales independentistas", nun surrealista e patético intento de intoxicación mediática no que non ten vergoña ó afirmar que os participantes "insultaran e tentaran agredir ós funcionarios que entraban e saían do centro", senon que acusan de tibieza á garda civil e, índa por riba,¡xustifican as súas baixas laborais polo estrés padecido e por unha inexistente campaña de acoso do "mundo radical"!.(Comunicado da CIG aquí)
Lembramos que na Xª Marcha a Teixeiro abríronse corenta expedientes sancionadores contra os participantes, dos que doce aínda seguen abertos en espera de ir ó contencioso administrativo (crónicas neste mesmo blogue aquí). Tamén, estes mesmos malnacidos que agora se queixan da nosa "radicalidade" pincharon 22 rodas dos coches dos participantes na protesta (máis info neste blogue aquí).
Isto vai pra os que pensabades que a CIG seguía a ser un sindicato "de clase" e "revolucionario". Con sindicatos coma este ¿pra que queremos patronal?


7 comentarios:

  1. Non estou seguro, pero semella que se refiren en concreto a unha marcha de Ceivar ( dia 19 de decembro).

    ResponderEliminar
  2. O día 19 de decembro do ano 2009 a única protesta que houbo contra ese cárcere foi a IXª Marcha a Teixeiro (no enlace que atopades na nova tende-la crónica) que diversos grupos anarquistas e outros solidarios levamos facendo dende o principio da pasada década.
    Saúde

    ResponderEliminar
  3. viva o mal viva o kapital...viva a burgesiA e vivan os sindicatos...lembrade o vidio da ultima greve no k cnt gz apoia a convokatoria dxs compis da cig..k o anarkosidikato vaia ko sindicato maioritario nas cadeas da gz di bastante...ken se deita con monxas acba sendo cura...vivan os sindicatos vivan as 30 horas d esclavitude semanais

    ResponderEliminar
  4. Non esperaba menos da CIG. Entre outras moitísimas cousas pregúntome qué pensarán agora algunhas persoas que se din independentistas e antiestatistas, pero qué ao mesmo tempo confían nas estratéxias posibilistas como a de participar neste tipo de sindicatos.

    ResponderEliminar
  5. pois tampouco e question de plegar e deixalo nas suas mans,os sindicatos teñen que ser dos traballadores,se os que estan perden o norte aillo que explicar clariño.
    (eu deixei o sindicato e os progres e funcionarios seguen ali)

    ResponderEliminar