7 jun. 2011

2ª Semana das "Xornadas pola Anarquía e a Extensión da Revolta"


En SANTIAGO o mércores 8 e en A CORUÑA o xoves 9

- "As virtudes subversivas. Os anarquistas na actualidade".- Falaremos cun compañeiro italiano, autor de diversos textos insurrectos, recollidos no libro "El desorden de la libertad", que abordan boa parte dos debates máis actuais do anarquismo do sur de Europa. Entendemos como "virtudes subversivas": o valor real das propias ideas, a autonomía de xuizo, a tenacidade, a constancia, a humildade, a memoria, a creatividade, a imprevisibilidade,... como xeito de coñecer con quen e como actuar nun sentido revolucionario.

En A CORUÑA o mércores 8 e en SANTIAGO o xoves 9

- "O Anarquismo en Chile desde a Dictadura ata agora".- A cargo dun compa chileno con quen falaremos das loitas destes últimos anos: A montaxe do chamado “Caso Bombas” e da escala represiva contra Centros Sociais e Okupas, da solidariedade con o pobo Mapuche, das loitas contra os cárceres,…

Serán as 20:30h en Compostela no local da Biblioteca Anarquista "A Ghavilla", (rúa Ponte da raiña 8), e Na Coruña no CS Atreu, (T/ Sam josé 2).

No hay comentarios:

Publicar un comentario