18 abr 2011

Crónica da manifestación frustrada en repulsa ó desaloxo da Casa das Atochas.

A manifestación contra o recente desaloxo do C.S.O. Casa das Atochas, convocada para este sábado ás 18 horas na coruñesa praza do Campo da leña, resultou claramente decepcionante. A escasa asistencia de xente (en comparación coa manifa do pasado decembro) tivo coma contrapunto o impresionante despregue de medios policiais, con quince furgonetas de antidisturbios e máis de 100 axentes pertrechados coma pra comezar unha guerra, o que probablemente influiu en que moitos solidarios pasasen de largo ou preferisen atestar os bares da zona pra non ter que atravesar o férreo cerco policial. Deste modo os valentes que concéntráronse na praza apenas superaban as dúas centenas, máis ou menos tantos coma na concentración improvisada da tarde do desaloxo; e iso que cónstanos que nesta ocasión veu moita máis xente de fora.
O férreo control policial, que impediu calquera movemento durante a protesta, compensouse pola noite, cando varios grupos de incontrolados causaron disturbios no centro da cidade, cebándose especialmente nas cristaleiras das entidades bancarias.
Volvendo á protesta da tarde, finalmente a manifestación non puido sair do Campo da leña polo desproporcionado do despregue policial e pola actitude agresiva dos madeiros, molestos pola forma na que foran toreados na concentración do día do desaloxo (neste mesmo blog aquí). Pese a que nun momento dado chegaron a ofrecer ós concentrados a posibilidade de realizar unha curta marcha ata o Campo de Marte, totalmente escoltados por efectivos policiais, os okupas preferiron non aceptar compromiso algún con semellantes bastardos.
Poco despois das 19 horas, o responsable dos antidisturbios deu media hora ós concentrados pra disolverse, asegurou que se non se lle facía caso comezaría a carga, según dixo, isto o farían porque “querían ver o partido do barça-madrid” . Pese a todo, a xente quedou na praza ata ben pasadas as oito.
Debido ó cerco policial, que obrigaba a identificarse e a mostrar o contido de bolsas e mochilas a todo aquel que quixese achegarse a praza, non puideron entrar na concentración as bandeiras nin as antorchas, ata confiscaron un globo de papel que íase votar ó aire durante a protesta porque “non pode pasar nada que se poida queimar”.
A unha rapaza que sacou fotos da madeira levárona por non ter o D.N.I. , aproveitaron o feito pra borrarlle as fotos. O pouco tempo puido volver á praza.

Unhas horas máis tarde, sempre según a prensa comercial (aquí, aquí, aquí e aquí), varios grupos de incontrolados, alguno que superaba a treintena de persoas, produxeron destrozos nas inmediacións do mercado de San Agustín, cruzando contentores e reventando varias sedes bancarias así como mobiliario urbano. Pese á investigación aberta polas forzas policiais, que calificaron os actos de “guerrilla urbana”, polo momento non se coñecen detencións. Os periódicos dín que tódolos partidos políticos condenan os feitos, cando a verdadera nova sería o contrario.



2 comentarios:

  1. Un desaloxo, 1000 okupacións!

    Saúdos dende aquí =)

    ResponderEliminar
  2. Hai que dicir, ademais, ainda que non é algo sorprendente, que o control policial chegaba ata o Obelisco e os xardíns de Mendez Núñez. Pedindo identificación a quen lles parecía coa súa habitual actitude de madeiro cabrón.

    ResponderEliminar