Entre os días 11 e 19 de Marzo terán lugar as Xornadas de okupación con motivo do 3º aniversario do C.S.O. Casa das Atochas (rúa Atocha Alta 14,A Coruña).
Temos que lembrar que a Audiencia Provincial desestimou recentemente o recurso plantexado polos okupas, razón pola cal en calquera momento podería emitirse unha nova orde de desaloxo.
O programa é o seguinte:
VENRES 11 DE MARZO: A partir das 20:00h presentación do SEMINARIO DE HISTORIA DE LA OKUPACIÓN DE MADRID e do libro OKUPACIONES EN MOVIMIENTO (derivas, estrategias y practicas), a cargo de Elisabeth Lorenzi.
Máis información:
http://tierradenadieediciones.com/tierradenadie/?p=215
http://bicicritica.ourproject.org/descargables/Los_talleres_de_autoreparacion_de_bicicleta_en_Madrid.pdf
A partir das 22.00 horas CEADOR VEGANO, proxeccións e sesión de punk.
SÁBADO 12 DE MARZO:a partir das 13.00 horas MONICREQUES PARA NEN*S a cargo da compañía TRÉCOLO. A partir das 14:00h COMIDA, NOM BOMBAS no Campo da Leña.
A partir das 20.00 horas palestra presentación da C.I.C. (cooperativa integral catalana) a cargo de dous compañeiros integrates da mesma. Autoemprego ecolóxico e autoxestionado.
Máis información:http://cooperativa.ecoxarxes.cat/
http://www.podem.cat/node/877
A partir das 22.00 horas concerto ZINC (Madrid) e BULLDOZERS (A Coruña).
Máis información:
http://www.myspace.com/zincmyspace
http://www.myspace.com/bulldozersrockandroll
LUNS 14 DE MARZO: A partir das 20.00 horas ESTRENO DA PRIMEIRA MONTAXE DO FILME COLECTIVO sobre a Casa das Atochas e o movimento de okupación na Galiza. A continuación petiscos psicotrópicos, tes, café e festón con motivo do día do 3º aniversario da entrada na casa.
MÉRCORES 16 DE MARZO: De 13.00 a 16.30 horas XANTAR IMPOPULAR, reciclado, vegano e de balde.
A partir das 17.00 horas JAM' ON, sesión aberta e libre de música improvisada.
XOVES 17 DE MARZO: A partir das 20.00 horas SEGUNDO TORNEO DE TIRATXINAS e INAUGURACIÓN DA 2ª MOSTRA FOTOGRÁFICA.
VENRES 18 DE MARZO: A partir das 20.00 horas presentación dos proxectos de okupación do CSO KIKE MUR de Zaragoza, do CSO CALDO VEGANO a cargo de integrantes da asemblea. Outros okupas sevillanos estan por confirmar.
Máis información:
http://okupa.noblezabaturra.org/cso-kike-mur/
http://caldovegano.blogspot.com/
A partir das 22.00 horas CEADOR VEGANO, proxeccións e sesión de crust.
SÁBADO 19 DE MARZO: A partir das 12.00 horas OBRADOIRO DE MASAXE PARA NENXS e a partir das 13:00h OBRADOIRO DE CÓMO ABRIR FECHADURAS.
A partir das 17.00 horas ENCONTRO DE OKUPACIÓNS. Participarán xente das asembleas do CSO A Casa da Estación de Pontedeume, do CSO A Casa do vento de Compostela, do CSO O Salgueirón de Cangas, do CSO A Casa das Atochas de Coruña, da Radio Piratona de Vigo, da Radio Kalimera de Compostela, da Radio Filispim de Ferrol, da vivenda okupa da Coruña (Monte Alto)da antiga Casa Encantada de Compostela (a do Sar e a da Almáciga), do CSO A Cámara de Gas de Compostela, da antiga La Hoguera de Coruña, do CSO Sin Nombre de Sevilla, do CSO Kike Mur de Zaragoza e do CSO Caldo Vegano de Madrid.
A partir das 22.00 horas CEADOR VEGANO E FESTA RACHADA.
5 mar 2011
Xornadas do 3º aniversario do C.S.O. Casa das Atochas (Coruña)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
vaia!
ResponderEliminarseica nom vai ninguém da antiga C.A.O.S. e do antigo Fende na Laje(okupado a C.I.G. durante catro anos e meio) de Compostela