Oferecemos dous artigos escritos pola xente da CSOA da Estación con motivo do seu 1º aniversario. O 1º leva por título "Por qué okupamos?" e o 2º "Resumo deste ano"
POR QUÉ OKUPAMOS?
Vivimos Nun sistema que privatizou o solo que pisamos convertindoo nunha mercancía mais, implantou un modelo desenrolista salvaxe que se manifesta na masiva proliferación de urbanizacións, campos de golf, autopistas… e unha serie de infraestructuras, moitas veces innecesarias, xerando graves problemas ambientais e sociais. Os gobernos de turno implementan estas políticas en beneficio dos intereses empresariais, provocando, entre outras cousas, que as desigualdades entre a clase alta e a clase traballadora sexan cada vez maiores.
Para levar a cabo esta política, o sistema necesita paralelamente apagar toda expresión de resistencia popular. Mentras centos de edificios encontranse nunha situación de abandono esperando a sua recalificación (e polo tanto o aumento do seu valor especulativo), os locais públicos donde poder reunirse, organizarse e tomar parte nas cuestións que afectan as nosas vidas, están maiormente controlados pola burocracia institucional.
Por eso okupamos. Porque creemos necesario denunciar e loitar contra a especulación urbanística con feitos ademáis de con palabras. Porque necesitamos espacios onde aglutinar e impulsar as protestas existentes, crear puntos de encontro para a transformación revolucionaria da sociedade. Porque a pesar de que nos medios privados e públicos de desinformación din que este sistema é democrático, creemos que é hora de conquistar a democracia real coa participación popular na política anticapitalista, activando a loita nos barrios e construindo así a verdadeira democracia directa.
Porque creemos que okupar é recuperar o que nos pertence, o que pertence a maioria da poboación, a que traballa por un miserable salario construindo os edificios onde vivimos e amasando o pan que comemos, e que sin embargo despois non e dona do que produce (máis ben cada día nos cobran máis por todo). A penas somos donxs dos nosos propios corpos, que nos obligan a poñer a disposición de empresarixs e banqueirxs que se enchen os bolsillos a nosa conta. Okupar é, sinxelamente, recuperar o que nos foi quitado.
Okupamos porque queremos atacar o pilar principal do sistema capitalista: a propiedade privada (que por encima dos contos de fadas é a excusa para enriquecer máis a quenes máis teñen e afogar a quenes menos teñen).
RESUMO DESTE PRIMEIRO ANO
Unha vez explicados os motivos que nos levaron a okupar gustaríanos facer un resumo das actividades que fixemos o longo de todo este tempo que o centro social leva en funcionamento.
Todo comezou despois de seis meses de rehabilitación, exactamente un 19 de Decembro de 2009 cando un grupo de xente de forma desinteresada e sen ningún ánimo de lucro comezamos a facer actividades de carácter social, político e cultural nun espazo abandoado.
Comezamos cun concertó de inauguración o que nos vindeiros meses lle seguiron un sinfín de actividades máis , entre as que cabe destacar charlas de todo tipo tanto sociais como poliíticas (Unión libertaria, briga, educación fora da escola ,bicicaravana en defensa da tera…) presentación de libros(Félix Rodrigo Mora) , talleres de reciclado de aceite para facer xabrón,creación de horta ecolóxica, Xornadas de integración co pobo de Senegal,Concerto solidario polo Sahara,Concerto solidario co pobo de Haití ,III Xornadas micolóxicas e un lote concertos de grupos de sitios como Navarra, Madrid, Valladolid, Oporto, Salamanca,Noruega e toda a xeografía galega.
Ademais destas actividades que a xente nos propón desinteresadamente xa que isto é un centro social por e para todos na casa hai una serie de actividades fixas como son o taller de percusión (que sin carrera non seria nada) o taller de malabares(David e xampito) proxeccións os mércores, biblioteca, tenda libre, contrainformación e o mais importante de todo una asamblea horizontal tódolos luns, na que decidimos mediante consenso como organizamos as actividades e como funciona o centro social.
Despois disto queríamos agradecer profundamente a todo o mundo que nos axudou neste proxecto, a todos os que creeron neste proxecto ,e a todos os que non creían tamén ,xa que nos daban mais forza si cabe para demostrar que a autoxestión e a solidariedade entre persoas é posible ,un enorme e grandísimo agradecemento a xente da CASA DAS ATOCHAS que nos deron un empuxón enorme para que este proxecto fora cara diante e que lle deron vida outra vez o movemento okupa na Galiza ,a tódolos grupos que tocaron aquí a todos os que apagachedes a sede na nosa humilde barra en fin a todo o mundo que colaborou con nos dunha ou outra forma de todo corazón GRACIÑAS.
CONTRA A ESPECULACIÓN, QUE VIVA A OKUPACIÓN !!!
8 mar 2011
CSOA DA ESTACION (Pontedeume)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Graciñas a vós por todo o traballo que fixestes.
ResponderEliminar