15 mar 2011

Saqueo reivindicativo nun supermercado (A Coruña)

O "Komando Robin Hood" reivindicou, mediante un comunicado aparecido hoxe no CMI Galiza, a expropiación e reparto de numerosos productos dun supermercado o pasado 7 de marzo en A Coruña. Aproveitando o antroido, un grupo de ó redor de oito persoas disfrazadas con máscaras da película "Scream" penetraron nun supermercado na céntrica rúa Orillamar e encheron os seus cestos de productos, saíndo posteriormente á carreira en dirección á rúa San Juan. Antes de marchar, os saqueadores lanzaron panfletos reivindicaticos ante a atónita mirada de clientes e empregados.
Segundo aseguran no comunicado, o comando Robin Hood, que fixo esta "acción anticapitalista e autónoma" pra "compensar ainda que so sexa nunha ínfima parte a inxusta balanza coa que esta sociedade nos mide", repartiu posteriormente o expropiado "entre aqueles que o precisan".
Comunicado:

Dende o BOSQUE de sherwood.........


Neste mundo onde a propiedade privada esta por riba do direito a unha vida digna, donde se valora como mais importante a defensa dos bens e productos que cubrir as necesidades básicas das persoas. Son o beneficio e a mercadoria os altares onde sacrificamos dia a dia a nosa existencia. Ë o diñeiro o único deus que marca os nosos destinos, e aqueles destinos que non teñan o seu favor estan condenados á miseria. Fartas da lóxica ecónomica que bendice a unhas coa riqueza, mentres outras sofren
as privacións.
Expropiamos este supermercado como unha acción anticapitalista e autónoma, repartindo a abundancia que a desigualdade criou. Desde a nosa humilde posición decidimos compensar ainda que so sexa nunha infima parte a inxusta balanza coa que esta sociedade nos mide,expropiando un dos templos do consumo para repartilo entre aqueles que o precisan.
Se a crise agudiza as diferencias, a acción directa axudaŕa
a mitigalas. Se os de arriba pensan que vamos ser nos os que paguemos a sua crise, encontraranse sempre coa acción autonóma dos explotados.
Atentamente: Komando Robin Hood


O comunicado, enviado por "Pepa a loba", tirámolo de Indymedia Galiza (aquí), o resto da nova apareceu na prensa comercial, concretamente neste artículo de "La Opinión de A Coruña" (aquí).

1 comentario:

  1. Lume!!. Que se extendan este tipo de accións tanto pola xeografía galega como polo resto do Estado. Os supermercados están cheos e os estómagos de moita xente baleiros, haberá que quitar de aquí e colar acolá.

    Saúde e anarquía

    ResponderEliminar