Seguindo a serie sobre okupas galegas que estamos a facer de cara á publicación do vindeiro número impreso da revista Abordaxe, e tra-lo artigo do "C.S.O.A. da Estación" de Pontedeume, ofrecémosvos o seguinte texto no que os compañeiros da okupa compostelá "A Casa do Vento" presentan o seu proxecto:
A Casa do Vento
En pleno ano Xacobeo un grupo de xóvenes de boa familia aburridos e chegados cada un de diferentes partes do Reino todos con unha forte ideoloxía "pes negrista" e con algo de inspiración divina decidimos facer unha asamblea de okupación e poñernos a buscar casas esquecidas, baleiras e cochambrosas. Atopamos entón na terra prometida das beiras do Sarela unha casa habitada por uns ilustres aristocratas okupas; os moi canallas cederonnola esnaquizando todo o noso radicalismo okupa, e como é mais sinxelo unha cesion non o pensamos nin un intre (polo que puideran decirnos os nosos pais) e decidimos aposentarnos. Tras catro meses de asamblearismo nobiliario e bailes de salón, seguindo a nosa biblia panfletaria conseguimos manter unha programación de actividades como o xantar musical, ioga, pintura, cine-forum, obradoiros de faino ti mesma, xantar vegano, charlas, festas e concertos pola autoxestión e outras actividades puntuais. Para perturbá-la mente dos profanos con maior eficiencia tendemos a encadrar estas actividades en apetitosos bloques mensuales temáticos como o de alimentación e consumo, suciedade e B12, la ley antitabaco, o parkinson ou parálise dos beizos de Rajoy...
Como en calquera centro combativo contra o sistema temos una biblioteca en construccion, un centro de reciclaxe de comida basura, unha tenda gratis de roupa, un posto de fanzines, unha cousoteca e, como non, un futbolin, además de espacios liberados das garras dos escombros capitalistas como e un cine-teatrillo enmoquetado, cocina de deseño, xardins versallescos e un taller e unha sala de ensayo que aínda esta por currar por otros burgueses e nobles como nos. Os luns as oito reunímonos abiertamente na casa para conspirar e cambiar o mundo. Si non creiste nada do que liches....¡Fas ben! Pasate e comprobao.
16 mar 2011
A casa do vento (compostela)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario