16 feb 2011

Ceador e festa solidaria cos detidos na Coruña polo 27X


Este venres 18 de febreiro a partires das 21.00 pásate polo C.S.O A Casa das Atochas e solidarízate cos detidos pola folga do pasado 27 de xaneiro na Coruña.
Haberá un ceador vegano e despois música e baile.
Os beneficios irán íntegramente pra costear os gastos das detencións.

A continuación facemos repaso das actividades do 17 o 23 de febreiro no C.S.O. Casa das Atochas (rúa Atocha Alta 14, A Coruña):


Data: xoves 17 de febreiro
Hora: ás 20.30 horas
Espazo: C.S.O. Casa das Atochas
Enderezo: praça das Mulheres livres, Atocha Alta

proxección do filme ¡AGÁCHATE, MALDITO! / GIÙ LA TESTA / A FISTFUL OF DYNAMITE
(Italia, 1971)
Dirección: Sergio Leone. Guión: Sergio Leone, Sergio Donati e Luciano
Vincenzoni. Produción: Rafran Cinematográfica e EIA. Fotografía:
Giuseppe Ruzzolini. Intérpretes: Rod Steiger, James Coburn. Duración:
140 minutos.

O encontro entre Juan Miranda, o patriarca dunha banda de ladróns, e John Mallory, un dinamiteiro irlandés veterán do IRA, levaos a planear o roubo conxunto de bancos. Nunha das explosións o banco do lugar resulta ser una prisión para revolucionarios? Segunda parte da triloxía Once Upon a Time Trilogy, logo do estimable western de
vinganza Hasta que llegó su hora (1968), que tería o seu culmen na crepuscular Érase una vez en América (1984). Spaguetti western de tintes épicos, invadido por unha memorable partitura de Ennio Morricone e unha hábil mestura de elementos políticos cunha narración ambientada no México revolucionario. Premio David di Donatello ao
mellor director.

Máis información:
http://www.youtube.com/watch?v=Inn3cKpkXno&feature=related
http://www.blogsandocs.com/?p=616

Onde hai revolución, hai confusión.

Data: venres 18 de febreiro
Hora: 21.00 horas
Espazo: C.S.O. Casa das Atochas
Enderezo: praça das Mulheres livres, Atocha Alta

FESTA ANTICAPITALISTA. En solidariedade cos detidos da folga do 27F.

Máis información:
http://abordaxerevista.blogspot.com/2011/02/tres-detidos-na-coruna-en-relacion-coa.html

Data: mércores 23 de febreiro
Espazo: C.S.O. Casa das Atochas
Enderezo: praça das Mulheres livres, Atocha Alta

de 13.30 a 16.00h XANTAR IMPOPULAR. Vegano, reciclado e de balde. Ven cociñar ou papar!

ás 17.00h JAM ON!
A partires de agora mesmo e ata que a flipación musical aguante, convídase *s músic*s do andergraun coruñés a xuntarse co necesario para experimentar con ton e son: instrumento, ampli se fai falla e, sobre todo, orellas.
Improvisacións sen ánimo de lucro e con ánimo psicotrópico; calqueira combinación de instrumentos pode dar froito? saxos e zambombas, pandeiretas e sintetizadores? a onde chegaremos ninguén o sabe; cada un e unha que aporte o seu estilo!
Vinde melóman*s, traede as orellas e as ideas abertas!

ADIANTO ACTIVIDADES:
24/2/2011 concerto SILENCIO OSO (Xixón/Madrid) e FUNDACIÓN FLEISHMANN
http://www.myspace.com/silencio-oso

25/2/2011 concerto SRASRSRA (A Coruña), DAS SIMPLE (Marseille) e
INARRESTABILI (Sardigna)
http://galicianbizarre.bandcamp.com/track/srasrsra-hey-t
http://www.myspace.com/srasrsra
http://www.myspace.com/das_simple
http://dassimple.com/
http://www.myspace.com/inarrestabili

26/2/2011 concerto DIADERMIN (Marín) e ZOOFILIA (O Grove)
http://www.myspace.com/diadermin
http://www.myspace.com/zoofiliaaa

4/3/2011 concerto TUBELORD (UK), SHOES SOCKS OFF (UK) e BRAINS EXPIRED
(A Coruña)
http://www.asktubelord.com/
http://www.shoesandsocksoff.co.uk/
http://www.myspace.com/brainsexpiredband


ACTIVIDADES PERMANENTES
abertas e gratuítas

RADIO LIVRE KRIME, se tes interese en facer un programa ou en axudar
en xeral escribe a contacto@casadasatochas.info

HORTA, interesad*s escribir a contacto@casadasatochas.info

LUNS
ás 20.30 horas ASEMBLEA ABERTA DA CASA
MÉRCORES
de 13.30 a 16.00 horas XANTAR IMPOPULAR
ás 17.00 horas JAM ON!
VENRES
ás 20.30 horas CEA SOLIDARIA COAS PERSOAS PRESAS

Ateneo, tenda libre e contrainformación


No hay comentarios:

Publicar un comentario