Esta semana o panorama insurrecto chileno está moi quente, á boa nova da liberación de dous compañeiros presos polo "Caso Bombas" o pasado luns, engádeselle a explosión dunha bomba nos xulgados do civil de Santiago e a queima de barricadas na noite do martes.
Omar Hermosilla Marín y Vinicio Aguilera Mery, supostos colaboradores dunha asociación ilícita terrorista que segundo a fiscalía chilena tería colocado 23 artefactos explosivos, quedaron en liberdade condicional e baixo arresto domiciliario tras pasar pola audiencia. Dos quince anarquistas imputados sete están en liberdade con cargos e oito continúan presos.
Máis información en Klinamen (aquí).
Por outra banda, un artefacto explosivo detonou ás 00:10 deste martes no Xulgado civil situado na Avenida de España en Santiago de Chile. A bomba sería de escasa potencia aínda que algunhas fontes falan de rastros de TNT. Ninguén reivindicou aínda o atentado.
Poucas horas antes desconocidos prendían barricadas no centro da cidade. Estarían relacionadas, por medio de panfletos atopados no lugar, coa solidariedade cos detidos polo "Caso Bombas".
Información obtida da prensa burguesa e da páxina de contrainformación Culmine (aquí).
16 feb 2011
Últimas noticias da guerra social en Chile
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario