20 oct 2010

Proximas palestras anti-OTAN en Galiza


Compañeiros portugueses do grupo anti-militarista PAGAN(Plataforma anti-guerra,anti-NATO) atoparanse mañá ,XOVES 21 de outubro, ás 20:30h no CSO A CASA DAS ATOCHAS(rúa Atocha Alta 14,A Coruña)onde darán unha palestra en relación ó cumio da OTAN en Lisboa entre o 15 e o 21 de Novembro. A paletra forma parte da xira que están a realizar por Galiza e que terá a súa seguinte parada en Vigo, na COVA DOS RATOS, o SÁBADO 23 de Outubro ás 20:30h.
Non sabemos se teñen máis datas programadas

Na cimeira de Lisboa, os paises participantes na OTAN discutiran o novo conceito estratégico da alianza militar. O goberno portugués xa gastou mais de 5 millóns de euros en equipamento anti-motin para garantir a seguridade de tan belicosos visitantes.

-PAGAN(aquí)
-Non ao gasto militar(aquí)
-CSO A CASA DAS ATOCHAS (aquí)

No hay comentarios:

Publicar un comentario