22 oct 2010

[Actualizado Francia] Nova xornada de bloqueos, manifestacións e disturbios


"O can coa rabia ao seu dono traba,
can rabeoso é cousa brava"


Continúan as mobilizacións en toda Francia mentres se acentúa ainda máis o conflicto ante a firmeza e a represión coa que o estado impón esta reforma. E esperamosque ainda se agudice máis a protesta despois de coñecer a noticia, fai escasos minutos, de que o senado francés deu o visto bo á reforma das pensións.

Ainda así Francia promete continuar coas mobilizacións e as accións ainda que se leve a cabo o trámite parlamentario que falta para adoptar o texto da reforma.
Xa se anunciaron próximas folgas xerais os próximos xoves 28 e sábado 6 de novembro.
O ambiente continúa caldeado as batallas campais repítense día a día e son muitxs xs xóvenes da "Balieu" que prometen seguir, con ou sen manifestacións, atacando comercios, vitrinas e coches, e xenerando unha radiante e caótica paisaxe que racha coa calmada monotonía dun acomodado barrio francés.

Nas últimas xornadas vivíronse espisodios especialmente represivos. O desaloxo pola forza da refinería de Grandpuits rematou con tres traballadorxs feridxs na pasada madrugada, cando catro furgóns de antidisturbios cargaban na planta contra as personas que alí se atopaban de piquete.

Tamén as tropas do Grupo de Intervención da Policía Nacional (GIPN) empregáronse a fondo nas manifestacións e disturbios de Lyon, sobre todo coa visita a Presque-Île do ministro de Interior, Brice Hortefeux, coñecido tamén por ter unha condea dos tribunais por "inxurias raciais".

Non queda dúbida de que Sarkozy se mantén firme nas súas intencións. As advertencias que se levan dando nestas últimas xornadas dende o governo son xa órdenes executadas nas rúas case no mesmo instante en que se están exprexando. "Os vándalos non terán a última palabra", así se expresaba o mandatario nas últimas comparecencias. E pretende cumprir as suas promesas. Segundo datos do ministerio, dende o 12 de outubro, estímanse unhas 1.901 persoas detidas, das cuais aproximadamente 1.000 xa só foron detidas nos últimos tres días. Mais tamén son muitas as persoas que continúan dispostas a seguir en pé de guerra sen vacilar en ningún momento á hora de enfrentarse coas forzas da orde. Cada detido é unha nova resposta na rúa, e cada desaloxo unha nova okupación e un novo bloqueo. Así parecen continuar as universidades e institutos e así está a pasar tamén nos depósitos de petróleo.
Se a policía desaloxa o depósito de Grand Quevilly, os manifestantes bloqueaban de novo máis tarde.

O obxectivo do governo é frear isto canto antes e desaloxar os bloqueos que ainda manteñen ao país nunha situación enerxética crítica. A reforma xa a conseguiu, agora lle queda toda unha revolta de quenes non están dispostxs a resignarse.

A situación de España é peor que en Francia, 20% de paro fronte ao 9,3% en Francia. Os franceses protestan porque a idade mínima de xubilación quérese subir dos 60 aos 62, mentres que no estado español vaise subir da idade mínima, 65 anos, aos 67 anos para a xubilación. Pero a resposta na rúa xa se viu o 29-S, un sólo día de mobilizacións, dirixido polos principais traidores dxs traballadorxs, UGT e CCOO, e cunha participación ridícula se a comparamos con Francia. Xa sabemos que as comparacións son odiosas, pero neste caso o que máis pode molestar é, en todo caso, a falta de dignidade e o excesivo conformismo que nos dirixe a interpretar o papel que estamos desempeñando: o de meros espectadores dunha folga e unha protesta reales, protagonizados polo povo viciño.

Seguiremos informando...

--------------------------------------

[mércores 20]


A resposta ante o desbloqueo na Rochelle e en Le Mans, no oeste de Francia esta pasada noite, foi inminente: traballadorxs das refinerías bloqueaban novos depósitos, entre eles o de Port-de-Bouc no sureste do país, que abastece de queroseno aos aeroportos de Niza, Marsella e Lyon.
Por outra banda, unhas 400 persoas manifestábanse fronte ao Senado en París, onde se estaba a debatir a reforma das pensións.
En Toulouse bloqueouse o Aeroporto e continúan tamén os bloqueos de institutos.
A situación nas gasolineiras segue bloqueada, hai unhas 4000 en ruptura de stock.
Ante a firmeza do governo, a xornada se promete intensa en accións.

En Lyon sobre as 11:00 producíronse, por 3ºdía consecutivo, enfrontamentos entre estudantes e antidisturbios. A Policía cargou con gases lacrimóxenos axudada polo Grupo de Intervención da Policía Nacional e apoiada por un helicóptero. Hai polo menos 1 auto ardendo e os antidisturbios tomaron o centro da cidade.

------------------------------------


[martes 19 outubro]

Xóvenes encapuchadxs enfrentáronse coa policía e desataron incendios en diferentes cidades de toda Francia co apoio de muitxs cidadáns do país. Lidwine Mure, profesora que acudiu a manifestación en París, afirmaba que era importante participar nas protestas e apoiar aos xóvenes xa que "Francia non sería o que é hoxe se as xeneracións previas non sairan ás rúas". Ao finalizar a manifestación foron detidas 9 persoas.

En Nanterre, centos de xóvenes lanzaron pedras e montaron barricadas dende unha ponte contra a policía que respondía con gases lacrimóxenos.



En Lyon, outra das cidades con máis incidentes chegáronse a cruzar 25 autos, 6 foron queimados, e o enfrontamento coa policía deixou un saldo de 23 feridxs (8 manifestantes, 15 policías) e 74 detidxs.


Na manifestación de Lorient, onde acudiron familias con nenxs pequenxs, a policía cargaba e lanzaba gases lacrimóxenos, resultando 4 persoas feridas e 2 detidas.

En Sant-Nazaire enfrentábanse 500 xóvenes aos antidisturbios, resultando uns 18 detidxs.

Vídeo das cargas en Chambéry



-------------------------------------

[actualizado, martes 19, 15:10h]


“Sarkozy, estás perdido, a xuventude está na rúa”, coreaban miles de bachilleres nas portas dos institutos. E nunca mellor dito.
A xornada de hoxe está a bater records: máis de 800 institutos bloqueados, 6 universidades bloqueadas e 11 mobilizadas, 2.500 gasolineiras en ruptura de stock, aeroportos ocupados, rúas incendiadas...

Novos enfrentamentos coa policía en Nanterre e Lyon, onde se queimaron numerosos autos e se saqueou polo menos un restaurante de comida rápida. En Nanterre, concretamente, repetíronse os enfrentamentos entre 200 xóvenes e policía antidisturbios.
Os propios profesores recoñecían que a intensa acción deste xóvenes era unha resposta á violenta intervención policial de onte. Calcúlase que hai uns 200 detidxs.

Podedes aceder a imaxes do dia nestes videos:






Por outra banda, nas refinerías xs traballadorxs ameazadxs polo governo de sarkozy, fan frente e continúan nos bloqueos segurxs de que se o estado os reprime, o povo francés responderá.
Pero nen a resposta popular, nen o desabastecimento, nen os bloqueos e as folgas, moven a decisión de Sarkozy quen afirmaba, nas horas previas á folga de hoxe, que "A reforma é esencial, Francia comprometeuse con ela e Francia a levará adiante tal e como o fixeron os nosos amigos alemans”. O executivo non cesa no seu empeño, apesar das protestas xeneralizadas e cada vez máis radicalizadas do povo francés e agardamos que as protestas tampouco cesen.
Pola dignidade, que ainda queda, dun povo.


----------------------------------------------

[xornadas anteriores]



En Francia levan sucedéndose xa sete folgas xerais, cada vez máis intensas en participación e accións contra a reforma no retraso de idade de xubilación.
Dende a última folga xeral, o pasado 12 de outubro, estánse a multiplicar as accións directas por todo o país, chegando a sumarse estudantes (hai arredor de 400 institutos bloqueados) que protagonizaron enfrontamentos coa policía, dos que resultaron numerosxs feridxs e detidxs.

Despois do escaso abastecimento de carburante polo feche das 12 refinerías do país, así como as xornadas de intensas manifestacións, muitas delas espontáneas, e os bloqueos, como os dos depósitos por parte dos transportistas, que ameazan con sumerxir a Francia nunha situación de bloqueo enerxético, a reacción do governo de sarkozy non se deixou esperar. Xa non lles chegaba coas ameazas do ministro francés de educación, Luc Chatel,que non se cortou un pelo en afirmar que "manifestarse é perigoso". E así se confirmou, aos poucos días, a súa "promesa", ao ordenar que a policía antidisturbios se empregara a fondo, cargando en varios puntos do país contra os adolescentes, sobre todo nos barrios periféricos do extrarradio norte e este de París. Agora o estado ameaza tamén con castigar con cinco anos de cárcere aos folguistas da refinería de Grandpuits si se opoñen á circulación do queroseno cara o oleducto.



En Montreuil-sous-Bois, rexistrábase o primeiro ferido de gravidade polo disparo dunha bala de goma a queima-roupa por parte da policía. E a resposta solidaria de muitxs xóvenes foi inmediata, con ataques aos coches patrullas e demais mobiliario urbán e o recibimento dos policías a base de pedradas, botellazos e lume.
Dende o pasado venres producíanse importantes enfrontamentos coa policía en cidades como Burdeos ou Lyon, cun saldo de 264 xóvenes detidxs e 13 axentes feridos. Os acontecementos máis graves producíanse en Lyon, onde os enfrontamentos coa policía chegou a durar ata máis de dúas horas.




A xornada do sábado seguiu na mesma liña, cun rexistro de máis de 200 manifestacións por toda Francia asistindo aproximadamente 3 millóns de francesxs que sairon ás ruas, e con enfrontamentos directos coa policía.

A xornada de hoxe prevé-se tamén intensa, sendo o dia no que se convoca a oitava folga xeral no país dende que comezaron as protestas contra a reforma da idade de xubilación en Francia. A continuación poñémosvos unha crónica [extraída de la haine] da xornada deste luns en diferentes puntos do país e esperamos actualizala nos vindeiros días:

Toulouse- 500 activistas bloquean os dous principais arcéns da rede de autobuses de 4:30 a 9:30 da mañá inutilizando parcialmente a
rede de transportes da cidade.

Saint-Etienne- bloqueos de autobuses e tranvía durante case toda a mañá.

Lyon- 150 traballadorxs tomaron as vías da estación de Part-Dieu.
Tras as últimas informacións hai máis de 1.200 gasolineiras fora de servizo. Calcúlanse aproximadamente uns 550 institutos bloqueados por xóvenes, quenes tuveron máis enfrontamentos coa policía:

Nanterre: a policía usou pelotas de goma para intentar disolver aos 300 estudantes que protestaban. Produciuse polo menos unha detención.




Seine-et-Marne: enfrontamentos que remataron cun policía ferido e 14 estudantes detidxs.

Val-de-Marne: producíronse incidentes coa policía nunha ducia de institutos.

Lyon: manifestación de 1000 estudantes que foi disolta de forma violenta polos antidisturbios. Nos enfrontamentos queimáronse varios coches e producíronse destrozos varios. Polo menos 30 detidxs.


Niza: tamén producíronse cargas da policía a manifestacións de estudantes e enfrontamentos.

Rouen: manifestación disolta con gases lacrimóxenos e a detención de 13 xóvenes.

Lille: duros enfrontamentos coa policía nos que 50 estudantes foron
detidxs. Varias cargas e os manifestantes responderon con
proxectiles e queimando varios coches.
Na cidade de Marsella a situación é especialmente complicada ao acumularse os sectores en folga indefinida (os últimos en sumarse, xs traballadorxs do servizo de limpeza municipal).

O saldo represivo da xornada do luns é de 290 estudantes detidxs (dxs que 231 pasaron a disposición xudicial)e 4 policías feridos.

Sarkozy xa deu a orde de facer uso das reservas de petróleo para emerxencia.

Seguiremos informando...

"Se as barbas do teu veciño ves cortar, pon as túas a remollar"

--------------------------------------

[Información de la haine, Rebelion, Público e outros medios burgueses varios (aos que xa lles sobra publicidade)]



No hay comentarios:

Publicar un comentario