24 jul 2010

Un artefacto explosivo esnaquiza a sede da patronal viguesa de fontanería e calefacción (Galiza)


Según novas aparecidas na prensa burguesa, unha bomba composta por preto dun kilogramo de polvora prensada estoupou na madrugada do 20 de xullo xunto a fachada de Foncalor, patronal provincial dos fontaneiros e instaladores de gas e aire acondicionado. A onda expansiva escachou a persiana metálica e as portas do local, causando desperfectos nos vehículos aparcados na beira da rúa e nas fiestras dos andares superiores. Os danos sufridos na sede patronal ascenden a preto de 40.000 euros.
Polo de agora ninguén reivindicou o atentado, ainda que a policía afirma ter sospeitas de que o grupo independentista “Resistencia Galega” atopase tra-la acción. Dín que o método e similar ó de outros atentados perpetrados baixo as mesmas siglas e pensan que a proximidade do 25 de xullo, día patronal galego e data simbolica e fundacional de “R.G.”, sinala a súa autoría. Pero, coma xa dixemos, ninguén fixo ata o día de hoxe reivindicación de ningunha clase
Pese ó despliegue policial, coa súa “operación jaula” e os seus controis aleatorios nas estradas, polo de agora non houberon detencións.
Hai preto dun ano, e no medio da tensa e conflictiva folga dos traballadores do metal da provincia de Pontevedra, a mesma sede xa sofrera un ataque nocturno, de menor envergadura, cunha bomba de palenque.
Dende o 2007, sempre segundo os medios burgueses de información, xa van 16 ataques mediante artefactos explosivos ou incendiarios acontecidos na comarca; dirixidos contra sindicatos, caixas de aforro, inmobiliarias, empresas e ata contra o chalet do concelleiro de seguridade de Vigo.
Pese a tanto movemento subversivo, solo duas persoas foron detidas nun control, o pasado enero, preto de Pontevedra, cunha bomba caseira agochada no seu vehiculo. Non puideron relacionalas con ningunha outra acción.

No hay comentarios:

Publicar un comentario