18 ago 2014

[Uvieu] Fanzine n°2 - "Del Kaos y la Violencia" de Ediciones La Cruz Negra

Con gosto colamos o correo recebido das compas asturiás con a intro do seu novo fanzine, que podedes descarregar debalde neste enlace

Con este fanzine pretendemos desacreditar e sacar á luz a estupidez característica das novas formas de anarquismo que teñen como único modelo a seguir e como única forma de "revolución social" a Ghandi e a Mandela, cando se viron en contadas ocasións os intereses políticos e económicos que estes escondían, como tamén as diferentes formas de resistencia activa e reaccionaria nos seus respectivos tempos históricos.Tamén comentamos a innata relación que existe entre o anarquismo e o caos e a violencia. Cabo destacar que tamén facemos unha feroz crítica ás democracias liberais, comunismo autoritario (entendido como socialismo científico) e todo o que pretenda impoñer unha forma de pensar, actuar, vivir sobre os individuos.

¡Pola anarquía e por nos@s compañeir@s!

Extractos da segunda edición do noso fanzine: "Del Kaos y la Violencia":

[...] Con este texto non pretendemos facer apoloxía da violencia inxustificada, gratuita ou "sen causa". Non creemos, sequera, que exista unha relación directa entre esta violencia gratuita e tan propia do Estado como das súas respectivas institucións, e a ideoloxía libertaria... Esta violencia propiamente estatal desemboca en moitos casos na violencia xustificada da cal si pretendemos facer apoloxía... Desde pequenos somos educados nos centros de ensino de carácter burgués que como xa sabemos só busca crear mentes baleiras e polo tanto mentes dóciles, rendibles ao mantemento do sistema estado-capital actual... lograron enganarnos coa desinformación absoluta que impoñen os medios de comunicación e as súas escolas purgatorias co mito de Ghandi e Mandela... para defender a non-violencia como medio ou vía á revolución social...

Desenvolvemos e apropiámonos dun concepto totalmente inapropiado para os miserables e pobres traballadores que somos. E lograron que os nosos propios compañeiros de escravitude e condición servil defendan a súa violencia lexítima que "preserva a orde e as liberdades e dereitos dos cidadáns" e repudien toda forma de rebeldía e de defensa, en definitiva. O Estado-capital e o seu mugriente élite de porcos capitalistas fascistas lograron o que tanto desexou e intentou por diferentes e retortos medios o chamado "socialismo científico", facerlle crer ao pobo que é libre e que os seus gobernantes representan os seus soños e intereses...

Día a día vivimos expostos á máis absoluta violencia e desigualdade, de maneira que lograron que esta sexa pan de cada día tras día e día, é dicir, lograron deshumanizarnos fronte a isto, fronte a este desorde que reina na actualidade. O noso obxectivo principal é volver a humanizarnos... Unha vez chegado a isto, podemos suscitarnos a idea de defendernos contra o sistema que nos violenta cada día. Cando atacamos as máquinas non é para defender o traballo, si non para acabar coa escravitude. [...]

No hay comentarios:

Publicar un comentario