14 ago. 2014

MODIFICAMOS: [Portugal] Montagem policial na morte da companheira Marisol - por favor, difunde

A petición dxs autorxs da nota anterior, modificamos o texto (colado polas prisas, os nervios, o estado de shock e como para recalcar a inverosimilitude do suicido; alén para evitar ofender a famiiares e amizades, canto menos por istos motivos desagradables). Covidamos a espallar esta nova información e a retificar o anterior. Tambén acordamos eliminar os comentarios (tal como apontan xs autorxs do texto, nun seu comentario que engadimos ao final do mesmo, este non é o sitio, nen nengún outro foro da rede, para falar):

O pasado venres ou sábado apareceu morta en circunstancias aínda non esclarecidas Marisol, unha compañeira libertaria, en Aveiro (Portugal). Era unha rapaza galega de Ameixida, Castañeiras, A Coruña. Parece ser que se encontrou morta nua con importantes queimaduras, nunhas matogueiras preto dunhas pistas de tenis en Aveiro. Tamén se encontrou queimada a súa documentación. A súa mochila e o seu can, Birlo apareceron na estación de tren. A policía española manifestou á familia que non ía investigar nada acerca da morte [non sabemos se podería ter que ver algo a recente anulación da xustiza universal decretada polo goberno Rajoy para salvar os criminais e capitalistas chineses]. A policía de Aveiro, parece ser, deixou o caso en mans da Policía Xudicial portuguesa, que deu por concluido a suposta investigación no día 14 de Agosto. Determinaran que non foi un crimen, nen unha morte accidental. Segundo eles, no día anterior, Marisol mercara álcool nunha farmacia, e dirixiuse a o descampado para se queimar.

A familia está moi doída e non quere saber nada, nin pedir xustiza nin se encontra nestes momentos como para esixir unha investigación en condicións. No mércores 12 incinerouse a Marisol en Portugal. Amigas da súa vila en Galiza coas que puidemos falar e das que conseguimos a maioría de informacións, tampouco saben que facer nestes duros momentos. Tamén falamos co seu excompañeiro Elois, que nos manifestou que tanto familia coma amigos da vila prefiren soportar a dor en silencio, sen denunciar nada de momento.

Parécenos denigrante e noxento como a prensa burguesa tratou o tema, apuntando a hipótese do suicidio, ou que non hai indicios de crimen, cando a nosa compañeira apereció espida e queimada, xunto á súa documentación tamén queimada.

Esiximos un verdadeira investigación para esclarecer realmente o acontecido, para encontrar aos auténticos culpables e que reciban o que se merece, simplemete queremos xustiza e non ocultar a súa morte como parece que se quere facer dende diversos ámbitos.

Nós somos amigos de Marisol que vivimos en Barcelona, á cal había case dous anos non viamos. Estivemos con ela nunha viaxe por Francia, Bélxica e Holanda en 2012.

Era unha chicha encantadora, traballadora, rebelde e moi forte. Sabemos que ela estivera a vivir estes anos en Francia, traballara de temporal no campo, e actualmente cobrara o paro francés por segunda vez. Sabiamos que ia ao festival Boom en Portugal, onde se ia atopar con amigas e un rapaz portugués chamado Carlos, con quen mantiña unha relación sentimental. O 28 de xullo de 2014 dicíanos o seguinte por email:

"o birlo e eu de puta nai xa fai algun tempo que andamos de mochileiros e bastante ben. agora estamos en portugal e cobrando por segunda vez o paro frances. bo martucha espero que esteis moi felices, UN BESAZO".

Non temos contacto con case ningún outro amigo seu, e non sabemos moi ben que podemos facer. Escribimos esta mensaxe para que a xente que a coñecía, xa sexa en Galiza, en Oiartzun (Gipuzkoa) onde sabemos tamén pasou algunha tempada, no departamento de Landes e en xeral no sur de Francia onde estivo a traballar bastante tempo, ou a quen sexa que estea interesado, para que difundan esta triste noticia e achegue algunha idea para organizarnos e esixir dalgunha forma unha investigación en condicións: Premer dalgunha forma ás institucións de ambos os dous estados para que cumpran coa súa función, realizar campañas de cara á opinión pública e os medios de comunicación para que se coñeza a verdade, ou reunir diñeiro para contratar avogados ou iniciar unha posible investigación privada.

Sergio e Marta. Barcelona 14 de agosto de 2014.

contacto: libergramenet (at) hotmail.com, martuchapaz (at) gmail.com

Enlaces á noticia publicada pola prensa buguesa:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2014/08/13/encuentran-quemada-mujer-ribeira-junto-pistas-tenis-aveiro/0003_201408G13P11992.htm

http://www.abc.es/local-galicia/20140813/abci-muerta-ribeira-aveiro-201408131617.html

http://www.cmjornal.xl.pt/detalhe/noticias/nacional/portugal/morte-macabra-ainda-por-explicar

O seu facebook: https://www.facebook.com/mari.kuantika?ref=br_rs

COMENTARIO de Marta e Sergio en Abordaxe:

Saludos!
Somo Marta y Sergio, de Barcelona. Se agradece toda información que se pueda aportar para poder esclarecer lo sucedido a Marisol, Pero creemos que este no es el sitio más adecuado para ello. Tampoco creemos que otros foros de internet sean los lugares adecuados para investigar.
Desgraciadamente no existe un abogado o un investigador privado de la familia o amigos a los que aportar estas informaciones. Así que para dar cualquier información que creáis mínimamente importante para este asunto podéis dirigíos acompañados o por teléfono a la Polícia Judicária portuguesa para que os tomen declaración y quede constancia en la investigación.
En este enlace encontraréis el contacto:
http://www.policiajudiciaria.pt/PortalWeb/page/%7BECD0CAB4-E6A3-4382-BC21-D252DB324FAF%7D/?portletLabel=T2605120801203614082602&actionSubmitted=mapaContactos&portletParameter=mapaContactos&portletNav=1&portletId=aveiro
Nosotros teníamos este número de dicho cuerpo policial:
(351) 234376022
Gracias por la ayuda. Nuestros emails de contacto: libergramenet@hotmail.com, martuchapaz@gmail.com