14 ago. 2014

[Pontevedra] O "curioso" caso do concelleiro do BNG membro dunha peña taurina

O BNG de Pontevedra insiste en que non é competencia súa a prohibición das touradas nesta cidade, alega que a propietaria da praza é unha empresa privada e que, como tal, non pode intervir. Mesmo negaran toda relación con a mesma; así, Carme da Silva, concelleira de Festas que leva trece anos na xestión municipal con o BNG, nunha entrevista de "La Coz", declarara que «as festas de Pontevedra poden pasar perfectamente sen as touradas» e agregara que o Concello «nin ten que ver con iso [as touradas], nin tampouco podemos facer nada; é unha praza privada que desenvolve unha actividade autorizada pola administración que lle compete». O que non dixo a concelleira é que entre concello e a empresa propietaria da praza teñen, dende o ano 2000, asinado un convenio que dalle moitas gañancias á empresa, pois o acordo estabelece que o concello poida utilizar o coso taurino para determinadas actividades por un diñeiral, que este ano ascende a 47.500 euros!! e non só iso, dado que tambén determina que corresponde á dita empresa a explotación do servizo de bares e bebidas durante a celebración das actividades que promova o Concello; alén de que este autoriza á empresa a anunciar o cartaz das touradas en lugares estratéxicos do casco urbano e a publicitalos por medio de altavoces instalados nun veículo.

Mais iso é "moco de pavo"!! A hipocrasía do grupo municipal do BNG (lembremos qu este partido levou á cámara galega a petición de declarar Galiza terra sen touradas), chega ao seu esplendor con un outro dos seus concelleiros: Miguel Filgueira Touriño, quen renegando do seu segundo apelido é un entusiasta da matanza de touros, de feito é membro de sempre da peña taurina veterana "GinKas". E non se pasaría nada polo feito de que un militante do BNG sexa protauromaquia (hai outros e outras que son pro-israelitas), mais o tema é que dito concelleiro é (como denuncia o "Gato Pirata" na súa web) o responsable da área do goberno local do Servizo de Transporte Público e Sensibilización Ambiental, e dentro das súas competencias está a sanidade animal, a canceira e os animais abandonados, e de feito muitas veces se refiren a él como Concelleiro de Defensa Animal !!!.

Neste vídeo podemos ver de novo a Miguel Filgueira nunha homenaxen da peña Gin-Kas ao matador Antoñete:



Xan do Can para Abordaxe

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada