5 ago 2014

[Uruguai] Manifesto da Marcha ata o zoolóxico Villa Dolores.

Levamos seguindo, en Abordaxe, esta luita contra os cárceres de animais que supón os zoolóxicos (hai máis como as granxas, os viveiros, algúns circos,...), e que se está a desenvolver no país do máis guai dos presidentes actuais de sudamérica, o ex-querrilleiro tupamaro Pepe Múgica, moi "campechano" el, que gosta ata aos fumadores de marihuana, pero que non difiere nada do resto en canto ás políticas destruitivas de exploración dos recursos naturais, nen na represión do activismo. Só falla que esa luita prenda tambén por todo o mundo.

Agora damos pulo ao comunicado tirado ao día seguinte da marcha ao zoo acaecida en 25 de xullo, que recollemos do seu blogue e traducimos:


Na tarde de onte marchamos ata as portas mesmas do zoolóxico Villa Dolores cunha mensaxe máis que clara: o zoolóxico ten que pechar este ano. Saudamos a todos os compañeiros que participaron, a participación de todos nestas actividades son as que fan realmente posible o peche do zoolóxico. É necesario manter a loita na rúa agora máis que nunca, este ano pecha o zoolóxico!

Porque ficar calados converteríanos en cómplices, porque mirar para outro lado converteríanos en covardes, porque non facer nada nos poñería do mesmo lado dos que constrúen as reixas, por iso estamos acá.

O paseo que algúns tanto defenden está feito de reixas, muros e cercas electrificadas, as reixas aseguran o encerro, aseguran que o que eles entenden como mercadoría non fuxa da escravitude, aseguran o negocio, aseguran os billetes que pasan por estes portóns. Os muros e as cercas electrificadas separan do mundo o negocio da Intendencia brindándolle seguridade, asegúranse contra roubos cando foron eles os que previamente roubaron as vidas a cada un dos animais que teñen secuestrados aí dentro, lles rouban as vidas cada vez que abren os ollos e o primeiro que ven é o asfalto e o lixo. Despois saen a desmentir as vinculacións con casos de tráfico ilegal de animais, acaso hai algunha diferenza co que eles fan? Ana Olivera e Eduardo Tavares fan funcionar o tráfico legal de animais cada vez que asinan os papeis para trasladar animais deste zoolóxico a calquera outro. Non hai diferenza entre tráfico legal e ilegal, só un par de leis que algúns inventan.

O paseo que algúns tanto se obstinan en defender ten entre os seus adeptos a aqueles que o queren manter si ou si mediante leis e reformas. As reformas que anunciou a Intendencia hai un par de meses como a reestruturación do espazo, o incremento da vexetación e algúns traslados para centrarse en animais de Sudamérica son proba diso. Modifican a estrutura do espazo e o encerro mantense, cambian os animais e o encerro mantense. Tamén intentan manter e regularizar a explotación coa farsa da lei 18.471 de benestar animal, esta di que se prohiben os zoolóxicos nos que habiten animais en condicións que non sexan adecuadas naturalmente á súa especie. As condicións para pechar un zoolóxico xa están dadas no momento en que se están a expoñer vidas como parte dun espectáculo. As súas leis e as súas reformas non fan outra cousa que perpetuar o encerro. Por iso non esperamos por eles, por iso estamos acá e somos nós os que temos que responder.

O paseo que algúns tanto se empeñan en defender divide dous modos de vida e obríganos a pararnos dun lado ou do outro. Dun lado están os que defenden este símbolo da dominación, este monumento ao encerro, os que entenden o noso ámbito, a vida en xeral como un recurso para explotar. Do outro lado estamos os que nos entendemos como unha parte máis da natureza e a esta como unha parte de nós e vemos necesario crear relacións realmente libres entre nós, os demais animais e o noso ámbito.

Hoxe máis que nunca se nos fai urxente a necesidade de insistir en que o peche do zoolóxico é posible, é realmente posible, pero para concretalo non podemos ficar quedos, o zoolóxico non vai pechar porque si. O peche vaise concretar só na medida de que nos manteñamos na rúa.

Poñámoslle o punto a esta historia, pero non un punto e á parte ou un punto e seguido, poñámoslle o punto final dunha vez. O tempo dos zoolóxicos rematou, o tempo dos explotadores rematou, son parte do pasado.

Este ano vai pechar o zoolóxico, digámolo con seguridade e fagamos todo o necesario para que sexa real, partamos a historia en dous, creemos un antes e un despois.

A posibilidade está nas nosas mans, concretalo está nas nosas mans, este ano pecha o zoolóxico!

Introdución e tradución x eDu

Máis fotos da marcha no seu blogue

No hay comentarios:

Publicar un comentario