13 ago 2014

Desentrañando o Gran Xogo. Análise da situación actual de Oriente Medio

@BlackSpartak publica en AlasBarricadas unha extensa e intensa analise, moi recomendable, datada neste mes de agosto de 2014, da que traducimos a súa introducción e animamos a súa leitura á íntegra neste enlace (en castelán, lingua na que todxs sabemos ler, queiramos ou non):

Dende a distancia e a aparente tranquilidade europea contemplo con certo espanto e fascinanción o escenario rexional chamado Oriente Medio ou Oriente Próximo (para Europa). Nestes momentos estanse a desenvolver conflitos armados en Siria, Iraq, Líbano, Palestina, Iemen e Libia. Pero se miramos un pouco máis lonxe tamén poderemos escoitar ecos dos conflitos de Somalia, Sudán do Sur, Malí, Nixeria, República Centroafricana, Afganistán, Paquistán e o recente choque entre Armenia e Azerbayán.

2014 está a ser un ano especialmente turbulento, e a situación francamente ameaza con converterse nunha gran catástrofe mundial se non se detén o caos imperante . Nas miñas visitas cibernéticas sigo varios conflitos con bastante detalle de forma diaria. Con este artigo pretendo analizar que está a acontecer nestes territorios e porqué. Centrareime nos conflitos que nomeei ao principio deixando os conflitos de Iemen e Libia para outra ocasión. Intentarei debuxar un escenario comprensible para que quen lea este artigo teña un pouco máis de luz sobre estes conflitos tan complexos.

Todas estas guerras que nos aparecen descontextualizadas e ata irracionais en realidade reflicten un delicado conflito de intereses entre as grandes potencias mundiais e tamén entre as potencias que se disputan a rexión. A guerra é a política con outros medios. Non descubro nada dicindo que se trata da rexión máis estratéxica do planeta, debido a que nesta zona se encontran as reservas de petróleo máis importantes. Do seu control depende nunha boa parte o destino de Estados Unidos, China ou Rusia como superpotencias globais. E para iso utilizan os seus aliados locais como Turquía, Arabia Saudí, Irán ou Israel. Que estes países sexan en ocasións utilizados polos grandes bloques non quere dicir que non teñan unha axenda propia que en ocasións se escapa do control dos seus protectores.

E é que na rexión se produce, como digo, unha longa loita de poder entre moitos actores. Trátase dunha aposta a longo prazo na que cada quen intentará conseguir a hexemonía. Mestúranse factores económicos e políticos coa complexa composición étnica, lingüística e relixiosa da zona. Afortunadamente os pobos tamén teñen que ser tidos en conta, dado que en ocasións son capaces de levantar organizacións de masas capaces de desafiar estados, como é o caso de Hamas palestino, o Hezbollá libanés ou o PKK curdo.

Analizando globalmente os conflitos vénnos a tentación de crer que alguén decidiu rematar con todo dunha vez e desatar todas as tensións e frustracións que se foron acumulando durante décadas. Nun momento como o actual, no que Hamas lanzou uns mísiles contra a central nuclear israelí de Dimona no deserto de Bersheva, e declara que o fixo a dar, indica que a guerra vai en serio - buscando a destrución total do inimigo. Indícao tamén ver as execucións de masas que está a levar a cabo o Estado Islámico en Iraq e en Siria cada vez que conquista un territorio. Son puntos de non retorno. Non esperan sobrevivir á guerra e demóstrano así. O desespero mestúrase coa crueldade e lévase ao campo de batalla. E ninguén dá a vida desta forma por intereses alleos.

E segue a súa analise con estes apartados:
Contexto global
Siria
Irak
Libano
Palestina
Escenarios

Animando a seguir a leitura neste enlace de AlasBarricadas , colado x Xan do Can para Abordaxe

No hay comentarios:

Publicar un comentario