13 ago. 2014

Opinión sobre o novo rumbo da campaña Cárcere=Tortura x Juankar Santana Martín

Juankar é un preso libertario encirrado nos cárceres cataláns e que participa da Campaña Cárcere=Tortura dende os inicios. Colamos (e traducimos) do Tokata estas súas impresións ao respeito da campaña e convidamos tambén á leitura dun seu outro texto (en castelán): "La Gran Falacia De La Justicia" publicado tambén recentemente no Tokata

Kaixo camaradas!

Comprendo perfectamente a fustración sentida fronte á campaña (Cárcere=Tortura) tanto como sentimos a necesidade de seguir resistindo cada unha segundo as súas circunstancias e situacións. A resistencia activa é a única resposta que tentamos manter con firmeza. Comprendo a todas as persoas libertarias que francamente opinan, opinamos, que este mundo é rescatable, que estes vergoñentos campos de exterminio e concentración nos que converteron os cárceres mundiais deben, se non quedar obsoletos, si humanizarse.

Todas as que naquel mes de agosto de 2011 nos embarcamos nesta marabillosa e necesariamente visible campaña, estaremos dacordo: o obxectivo é só un. Seguramente todas ansiamos o mesmo único fin. Somos humanas e as motivacións persoais non sempre son as mesmas, evidentemente, pero todas individualmente compartimos este unísono sentimento, aínda que ás veces as ansias coas que avanzamos non sexan as mesmas. O importante é que dende fóra estedes aí e dende dentro sigamos aquí, resistindo.

Vexo positivamente que a campaña se oriente cara unha apertura máis ampla e se aparquen novos camiños de loita e resistencia. O matiz que se quixese apuntar ao definido "...novo rumbo" sería no que concerne a apuntar o "...no tería sentido seguir xuntándonos fóra... ", na miña modesta opinión, camaradas, o que non tería ningún sentido é non nos seguir xuntando. Unha organización xeralizada é tan necesaria como a loita anticarceraria en se. É certo que a responsabilidade de continuar loitando se agudiza en nós, as que estamos dentro. Unha parte desa responsabilidade recae unha vez máis nas persoas presas, pois de nós depende que as condicións de encerro sexan nun futuro moito máis humanas e sobre todo, dignas.

Teño a inmensa fortuna de pertencer a unha desas persoas que, con maior ou menor intensidade, comezamos a campaña Cárcere=Tortura alá por agosto de 2011 e consecuentemente unha das que ten a honra de ter sido represaliada e condenada (1) pola miña determinación nuns feitos que tipificaron como falsos. Así a miña condena viuse aumentada en oito meses e doce días.

Os grupos de apoio implicados comigo nisto (especialmente Lleida e El Maresme) e que tan ben me coñecedes sobradísimamente, sabedes que entre nós xurdiu esa faísca solidaria que derivou en amizade solidaria, e esta pertencenos a todas.

A miña resposta seguirá sendo a dun principio: Non a enfermos en prisión, non ao réxime FIES, non á dispersión e non aos módulos de illamento!!! Pode que as miñas accións se vexan na actualidade limitadas meramente a denunciar e pouquiño máis, certo, pero a miña resposta en abolir estes malos tratos e torturas nos campos de concentración da xeografía ibérica seguen latentes e constantes.

Para rematar, mandar unha mensaxe de ánimos e forzas a todas as que estades aí apoiándonos, sabedes que vos quero. Unha mensaxe tamén de resistencia a todas as presas e presos que seguides loitando pola dignidade, ánimos! En especial, unha revolucionaria e fraternal aperta a Gabriel, de Catalunya a Galiza (2). Un besazo, forza e resistencia!! Estamos en todas as vicisitudes que te impoñan as nosas verdugas!! Aupa Txo!!

O noso amor e o noso odio son máis fortes que todas as vosas noxentas prisións!

Juankar Santana Martín

Notas de transcrición:

(1) En tres ocasións e con tres procesos penais na súa contra despois de sufrir malos tratos e malleiras a mans dos carcereiros, pola súa implicación na loita anticarceraria, dende un prisma anarquista e pola súa participación na campaña C=T. Nas tres ocasións Juankar denunciou os feitos e en todas recibiu contradenuncias, saíndo absolto dunha e condenado en dúas ocasións, a última por denuncia falsa en xaneiro deste mesmo ano e saldándoo cunha pena de 18 meses de pena multa, traducido a 9 meses máis de cárcere e aumentando ata outubro de 2017 a súa saída do talego.

(2) á espera da decisión da dirección do cárcere da Lama, de trasladar a Gabriel Pombo da Silva, ao talego de Topas, en Salamanca.

Enderezo para escreberlle:

Juankar Santana Martín
C.P. Quatre Camins - MR II
A.P. 08430 - Granollers (Bcn)

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada