Recibimos un correo con os enlaces para descargar debalde este nº 2 e tambén o 1º desta revista arxentina contra o desenvolvemento tecnolóxico e industrial que destrue o habitat e que se autodescrebe así:
Presentación:
Abordando o número dous desta revista, seguimos tratando de atoparnos cunha problemática que vemos pouco atacada, a relacionada coa destrución do hábitat de todas as especies desta terra, un habitat que logrou un equilibrio ao longo de millóns de anos para que só unha especie crebe este equilibrio nunhas cantas décadas, tendo como punto de partida o desenvolvemento tecnolóxico e industrial.
Dentro desta carreira incesante polo progreso, quen se achan fóra das súas lóxicas, incomodas, en desgusto e en guerra serán perseguidas, discretamente exterminadas coas lóxicas da sociedade que a sustenta. Esta carreira parece ter como fin a desnaturalización da vida e a domesticación dos últimos vestixios do salvaxe. Lonxe das asquerosas "loitas pola natureza" esquerdistas, incluída a de certos sectores anarquistas, onde a "loita" é só un emblema mais.
Lamentablemente temos que falar de "Biotecnoloxía, transxenia, nanotecnoloxía, ciencia, progreso" con todos os elementos que isto carrexa, pero sempre é bo ter en vista o que nos ataca, e non precisamente para escapar ...
Non perdemos do todo as esperanzas, e oxalá esta publicación chegue a aquelas anormais quen se atopan disconformes co sistema tecnolóxico positivista de dominación.
Contido deste número 2:
Antopocentrismo na loita pola terra
Reflexos do progreso sobre o Tipnis
Guerra ás maquinas!
A nano-pesadelo
Entrevista a Walter Bond, primeira parte
Fracking a nova cara do ecocidio
Crítica do novo mundo feliz que se aveciña
No hay comentarios:
Publicar un comentario