12 ago. 2014

[Alemania] Documental HAMBASCHER FORST

O compa do blogue Rebelión de las Palabras en colaboración con a peña do blogue Instinto Salvaje veñen de poñer a disposición (con subtítulos en castelán) este documental sobre a luita polo bosque de Hambasch (Hambascher Forst, en alemán):



Hambasch é un bosque preto da cidade alemá de Colonia, e que se encontra dentro dos plans de construción (ou mellor dito, de destrución) dunha empresa chamada RWE, a cal pretende converter a superficie do bosque nun xigantesco burato, ao establecer alí unha mina a ceo aberto de carbón marrón, un dos minerais máis contaminantes e perigosos no seu uso como recursos enerxéticos. En resposta a esta catástrofe aparentemente inminente, grupos de activistas, recollendo a testemuña doutros exemplos de resistencia anteriores no bosque, teñen okupado varias áreas deste construíndo campamentos onde, entre tendas de campaña e cabanas nas árbores, constrúen e experimentan aquí e agora unha forma distinta de vivir, de relacionarse e de enfrontarse ás imposicións dun sistema asasino e delirante que se empeña en converter en mercadoría ou en eliminar todo o que encontra ao seu paso, toleado pola insaciable sede de beneficios e sen mostrar o menor respecto pola vida.

A enerxía que supostamente vai ser producida con estas pedriñas de carbón nin sequera irá destinada a subministrar electricidade a fogares particulares, senón que se dirixirá principalmente á grande industria da zona, a cal se centra maiormente na fabricación e exportación de armas. É dicir, que a industria armamentística que produce os instrumentos que logo exércitos de todo o mundo utilizarán para os seus xenocidios, necesita agora da devastación dunha enésima paraxe natural de incalculable valor e beleza, aínda que iso implique a contaminación do aire e os acuíferos, a esterilidade irreversible de todos os terreos, o masacre da biodiversidade rematando coa flora e a fauna da zona, e o máis importante, a expropiación e desafiuzamento das vivendas ás persoas que viven en vilas da zona e que se ven forzadas a aceptar un realoxamento nas grandes metrópoles ou en cidades máis pequenas onde calquera proxecto de autoabastecemento e de vida como a que levaron ata agora resulta practicamente imposible.

Este documental, realizado de forma autoxestionada polas propias persoas que participan desta loita, foi producido en 2013, antes de que outro desaloxo rematase outra vez con parte da acampada, feito que foi respondido con diferentes accións de bloqueo e sabotaxe, así como tamén con novas okupaciones. Nel, podemos ver xs propixs activistas relatándonos por que se mobilizan, por que foron vivir ao bosque, por que non poden tolerar que RWE complete os seus plans, e cales son os seus sentimentos, os seus sonos, as súas esperanzas e as súas miserias. Unha viaxe ao corazón dunha comunidade de individualidades que xuntando os seus esforzos e colectivizando a súa creatividade deu un paso adiante e se decatou de que é posible conspirar e loitar máis alá do formigón e as ruínas que este mundo infecto deixa ao seu paso.

Pola liberación da Terra, polo fin das agresións ao ámbito e a devastación tecnoindustrial, sexa dende a cidade ou dende os bosques, acción directa e autoorganización!

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada