12 ago. 2014

O Uniforme da Conselleira do Mar x Gonzalo Soto

Hoxe flipei con este información que lin en InfoLibre, segundo a que, a conselleira do Mar, Rosa Quintana, ven de derogar a orde que regulaba a identificación e a uniformidade dos membros do Servizo de Gardacostas e, por elevación, permitir que ela mesma poida lucilos. Con a nova norma, os cárregos de dirección superiores dos que dependa este servizo poderán utillizar o uniforme destinado aos actos oficiais con galóns dourados de 14 milímetros!!. A medida xurdeu despois de que o seu segundo na consellería, Lino Sexto, subdirector xeral do Servizo de Gardacostas de Galiza, fora denunciado por usar tanto placa como uniforme pese a ser un simple funcionario do corpo xeral da Xunta e non pertencer ao corpo de Gradacostas, e tras unha investigación interna, se concluira que vestía con uniforme de forma ilegal e tivera que deixar de facelo. Agora xa pode volver a vestilo.

Navigando pola rede atopei este artigo de opinión de Gonzalo Soto no diario dixital de opinión independiente StadioSport (en castelán) que traduzo e colo, para botar unhas risas:

Paseando polo peirao da Coruña, pareceume ver nun coche da Xunta, en cuxo interior "creo que ía uniformada" comodamente sentada, a conselleira de pesca, cultivos, montes e subvencións, Rosa Quintana, vestida de Gardacostas.

Curiosamente, un xuíz de Santiago realizou unha investigación previa acreditando o uso irregular por altos cargos da conselleria de Dª. Rosa, en concreto Lino Sexto -nada que ver con Camilo o cantante- que tras entregar a súa placa e uniforme ilegal, lle rompía o corazón á Conselleira. Ao ver a dama como quedaba triste, abatido e cheo de angustia o bo do Gardacostas, decidiu tomar unha solución.

Tras profundas reflexións coa súa almofada, nada mellor que devolverlle o sorriso sen pasar por Vitaldent ao bo de Sexto, para iso promulga un decreto á medida, na que de forma disimulada, entraba o seu traxe de gala e que me pareceu ver cando pasou co seu confortable vehículo á miña altura no porto da Coruña.

Dinme que viña de reunirse cos responsables da repartición do diñeiro pola rexeneración do Porto Exterior. A cara era de satisfacción, os "repartidores" achegando "facturas de todos" os percebeiros, mariñeiros e pescadores afectados polo devandito traballo, que por certo, nunca se realizou non obstante. Os homes do mar que cobraron as devanditas subvencións, tiveron que portar o 10% para gastos de xestión ao sindicato CIG. Moito pescado nas arcas dos "repartidores" e moito peixe na dos afectados -peixe é o que está no mar e pescado, no barco-.

Ben é certo que non fumo iso que venden os políticos, brotes verdes, nin substancias alucinóxenas, o que escribo é tan real como a vida mesma.

Aqueles que aplaudiron o chamado Xeneralísimo, nos seus trasfegos baixo palio, murmurando a vía altos cardeais eclesiásticos, retoman de forma inmisericorde baixo a alma e espírito do noso dignitario da Xunta. Como tamén xestiona Medio Rural, o que aínda non coñezo é se promulgará un decreto para vestirse de verde e poder atemorizar coa súa presenza uniformada aos porcos, galiñas, burros, lobos, raposos, ratas, coellos e outros animais que deambulan polos nosos montes queimados.

Nacín durante o réxime autoritario e xa me teñen afeito os uniformes. Na miña infancia cando vía un "cagabame", non sabía por onde poderían ir os "tiros", aínda que si as chamadas obleas. Na actualidade os uniformes que se quitan da manga os políticos para fardar, encoráxanme para poñer en coñecementos dos lectores esta resaca antropolóxica que, avergonzaría ao máis ilustre dignitario dun país terceiromundista, ou o que é o mesmo, dunha das repúblicas bananeiras, sen bananas de África, que visita a Conselleira. Todo este esperpento entra na lista de miserias humanas que lideran os políticos dende España.

Esta a bo recado e baixo segredo sumarial, a percha que sustentará o uniforme que, evidentemente, terá que ser feito á medida. Medida esta que imaxinamos como resultado de tantas festas e saraos onde se o interesado acode a tempo aínda poderá vela, "non en panos menores" pero si co uniforme creado polo máis listo dos modistos de chalecos salvavidas, acompañada polo seu fiel loador responsable das partidas subvencionadas para o despezamento de barcos palangreiros.

Gonzalo Soto
..............................
Introducción para Abordaxe de Xan do Can

1 comentario:

  1. Ostiaxxx!! Gonzalo Soto??!! Non é o bocachancla de GaliaenGoles da Radio Glega???

    ahahaha. quqe bueno!!!ahahahaha

    ResponderEliminar