10 jul. 2014

Videocomunicado: Manifestación contra a represión (A Coruña)


Aquí deixamos o video promocional da manifestación antirrepresiva que, baixo o lema "Reprimennos a nos para asustarte a ti", percorrerá as rúas da Coruña o vindeiro sábado (saída ás 20:00h da praza de María Pita). Máis información nestas outras entradas deste bolg -AQUÍ- e -AQUÍ-. A manifestación organízase dende a Plataforma contra a Represión, conformada por un gran número de colectivos e individualidades coruñesas e xurdida nun primeiro momento en apoio a septuaxenaria Pepita Seoane, absurdamente procesada pola Audiencia Nacional por un suposto delito de xustificación do terrorismo.

Con este acto preténdese protestar pola escalada represiva coa que o goberno pretende acalar calquera conato de rebeldía; Xa sexa a base de sancións administrativas, de xuízos penais, de abusos policiais ou mediante os seus tribunais de excepción e as súas lexislacións desproporcionadas.

O video recollémolo de Galiza Contrainfo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada