11 jul 2014

Actos simbólicos urxente en solidariedade coa Palestina


Diante dos continuados ataques que o exército de Israel está a lanzar contra a Faixa de Gaza e os Territorios Ocupados, están a xurdir convocatorias da máxima urxencia para dar unha resposta solidaria en chave galega.

Ata agora soubemos da de Compostela, convocada para Hoxe Venres 11 as 20:00', a iniciativa de "Mar de Lumes" que convoca todas as persoas e organizacións a xuntármonos na Praza de Galiza, onde ademais de facer o primeiro acto solidario se coordinarán, en rexime de autoconvocatoria, próximas accións unitarias a desenvolver.

E na Coruña, hai outra convocatoria para Hoxe as 20:30' no Obelisco.

Animamos a todas as nosas siareiras a que colen en comentarios todas as convocatorias da Galiza, das que teñan coñecemento.

Hai que parar a masacre!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario