11 jul. 2014

A manipulación informativa sobre os asasinatos de Israel na franxa de Gaza.

Na web Guerra Eterna, Iñigo Sáenz de Ugarte fai unha súa valoración da manipulación na prensa española con os exemplos de El País (“Israel y Hamás intercambian cohetes en plena escalada militar”), La Vanguardia (“Hamas señala a todos los israelíes como objetivo”) e La Razón (“Pánico en Israel por los diez mil cohetes de Hamás”), onde queren dar a sensación de que hai un intercambio igualitario de lanzamentos de misis e que a culpa é do terrorismo de Hamás.

Nós acá aportamos como exemplo o noticiario de onte a noite na TVG, que colo á íntegra tal como está publicado na súa web e que, se ben ao comenzo fala das vítimas como civís, ai fica toda a única verdade deste falsimedio, o resto é propaganda sionista, como podedes ler vos mesmas (destacamos en negriña as manipulacións máis escándalosas):

"89 falecidos e 600 feridos, na súa meirande parte civís. Ese é o balance de vítimas dos tres primeiros días da operación israelí Marxe Protectora sobre Gaza.

Pola súa parte, as milicias islamitas non cesan o lanzamento de proxectís contra Israel. Varios deles pasaron hoxe sobre Xerusalén e Tel Aviv, sen causar vítimas.

As alarmas sonaron novamente en Xerusalén. Hamás reivindicou o lanzamento de catro proxectís que non causaron danos persoais, xa que foron repelidos polo escudo antimísiles israelí ou caeron en campo aberto. Unha situación similiar á que se deu horas antes Tel Aviv e noutras zonas da metade sur de Israel. Mesmo un proxectil impactou contra unha vivenda sen provocar mortos.

O primeiro ministro israelí descartou un alto ao fogo en Gaza mentres non acabe coas infraestruturas de Hamás e non deteña o seu incesante lanzamento de proxectís. Netanyahu asegurou que non cortará a luz nin o auga de Gaza, pero mantén enriba da mesa a incursión militar. De feito, hai 14.000 soldados desplegados na fronteira con Gaza. De momento intensifícanse os ataques por aire e mar, golpeando máis de 300 posicións de Hamás nas últimas horas, o que suman xa 750 en total. Como consecuencia, unhas 150 vivendas quedaron afectadas en Gaza.

Para aliviar a crise humanitaria da faixa, O Exipto abriu o paso de Rafah, para facilitar a evacuación de feridos.

Israel e Palestina responsabilizáronse na xuntanza do Consello de Seguridade da ONU da escalada de violencia en Gaza. Ban Ki Moon cualificou a situación de insostible"
.

En definitiva nada de imaxens de crianzas asasinadas, nen da destrución de vivendas, mesmo as imaxens máis reproducidas nos informativos da caixa tonta son as de israelitas sorrintes facendose fotos nos seus bunkers. En contrapartida vos colamos estas imaxens publicadas no Washington Post, nada sospeitoso de ser pro-palestino, se ben debe ter en mellor consideración as súas leitoras e non as considera imbéciles (como fan os falsimedios por estes lares):



Tancredo Tantonto para Abordaxe

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada