16 jun 2014

[Vigo] xoves 19 ás 20:00 Palestra “Fascismo Actual en Europa” no Café "De catro a catro"

Damos pulo a esta convocatoria, enviada por ECOAR))) á nosa caixa de correos, da palestra “Fascismo Actual en Europa” organizada polas compas de ECOAR))). A cita será ás 20:00h., na cafeteria De Catro a Catro (r/ Girona 16, Vigo). No transcurso desta palestra representantes de diversas organizacións e colectivos de acción social vencellados tradicionalmente ao traballo neste eido aportarán distintos puntos de vista sobre o pasado, e fundamentalmente o presente do fascismo, o que permitirá ofrecer unha panorámica ampla, directa e actual desta problemática que parece ir cobrando auxe no actual contexto político e socioeconómico de Europa.

Para tal fin, participarán nesta palestra xs seguintes representantes:

CNT: Fernando Rodríguez Carpizo
CUT: Francisco Sampedro
Espazo Ecosocialista Galego: Manuel Hermo
Esquerda Anticapitalista Galega: Manuel Alonso
Partido da Terra: Xose C. Morell

Dende ECOAR))) din que "agardamos contar coa vosa presencia e a vosa colaboración na difusión desta palestra"; ao que acedimos.

O café “De catro a catro” está ubicado na rúa Gerona nº 16 de Vigo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario