Colamos convocatória enviada a nosa caixa de correos por un dos organizadores:
Séculos de existencia dun modo de vida rural quedaron de súpeto truncados por decisións políticas tomadas a moitos quilómetros de Coia: a construción dun polígono de vivendas no marco das políticas de desenvolvemento do tardo-franquismo.
Para a veciñanza da Coia “antiga” os cambios foron moitos e moi rápidos: construción de torres onde antes existían leiras, crecemento explosivo da poboación coa chegada de familias que viñan a traballar na industria viguesa, urbanización do espazo sen contar cos intereses dos habitantes...
Con este faladoiro queremos achegarnos ás vivencias de persoas que xa estaban en Coia antes do polígono: como viviron a súa construción, que trocos supuxo para elas converter a parroquia tradicional nun barrio residencial, que botaron en falta en toda a transformación...
Contaremos coas vivencias de: Ángel Vila, Manolo Pipas e Marisa Andrade, veciñxs da Coia anterior ao polígono.
Sábado 21 de xuño - 12h30 - Parque A Bouza (zona da carballeira preto da r/Cronista Rodríguez Elías, Coia - Vigo)
Organizan: @AlicercesRS e @arealidade
Colabouran: Movimento cidadán "O noso barrio" ; Centro Cultural "Rueiro" ; e Asociación de Mulleres "Dorna"
Tambén informan da Exposición: “Barrios, espazos de vida. A experiencia de Coia” que está a ter lugar dende o día 6 de xuño e que permanecerá ata final de mes (día 30), nos locais da parroquia “Cristo da Victoria” (r/Baiona 9, Coia – Vigo) e que consta de un conxunto de paneis e fotografías a través dos cales repásase a historia do barrio de Coia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario