"La vida te da sorpresas, sorpresas te da la vida". Pois si, pois si, queridos ciberamiguitxs. Acordádesvos do grupo "Sin Dios"? Si, aquel abandeirado do anarco-punk noventeiro (e dousmileiro), cenetoso ata a medula e pais de temazos como o de "1936, el pueblo se alza como un vendabal..." ou o de "Somos los duendes que habitan en las casas abandonadas...".
Pois ben, Canino, o batera e voceiro político de tan acratizada banda sorprendeu a propios e estraños presentándose (tatachán tatachán) ás eleccións!!! Así mismiño, de número sete por "Izquierda Unida" nos comicios europeos nada menos.
Como o oídes, coleguillas, de "seremos ingobernables" a "seremos los que os gobiernen". Lamentablemente (para o amigo Canino, que a nós nola pela) I.U. só sacou seis escanos, polo que o noso querido tránsfuga vaise quedar coas ganas. Ai Caninín, Caninín, quizais se te tiveses apuntado a "Podemos"...
Vese que iso de tanto relacionarse co famoseo esquerdoso e ca eminente progresía do politiqueo e a xudicatura rematan por pasar factura. Quen se deita con monxas remata sendo cura.
E é que denunciar o asasinato do seu irmán José Couso ás mans dos yankis esta ben, que carallo, pero iso de pasear o seu cadaver insepulto de xulgado en xulgado e de plató en plató da man de todo canto oportunista se lle quixo arrimar, a verdade é que se fixo un pouco excesivo. Cando un se vai á guerra pois xa se sabe, coa mesma morres. Putada non deixa de ser, e crime de guerra tampouco, pero é o que teñen as guerras. Pero se para protestar por iso vas de despacho en despacho e de mercachifles en chupatintas, pois ao final pasa o que pasa. Todo se pega menos a fermosura.
Vese que o empacho de protagonismo mediático se lle subiu á cabeza ao noso querido ex-batería ex-Sin Dios e, tras collerlle gusto a cámaras e micrófonos, se nos pasou ao outro bando. Non é o primeiro, dende logo, nin será o último, me temo.
Bueno, xa postos a que nos manipulen, nos tiranicen e nos rouben, polo menos que sexa un "do rollo". Así todo queda na casa.
Ah! e agora cando dá entrevistas e fala do seu pasado di que leva dende os trece anos militando nos "movementos sociais", vese que o do anarquismo non luce ben no seu curriculum, pecadillos de xuventude.
"Somos los duendes que habitan el palacio de la Moncloa..." Non, definitivamente non soa igual.
C.R.
7 jun 2014
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
"Añoooos
ResponderEliminarluchando en la calle, metidxs en mil movidas
juntoooos
echando de menos un Yo te quiero, amigo
y llega un buen día en que todo revienta
la policía inicia la represión
ya no hay compañerxs y quizá ya no hay colegas
nos quedamos solos ante la difamación
y ahora con el miedo
no veo las banderas
uoooooooooo sigo puño en alto"
https://www.youtube.com/watch?v=T3_nBKB9uto
¡MISERIA Y TRAICIÓN! jajajajaja É curioso o ben que lle viiría a algúns lembrar as letras das cancións que con tanto entusiasmo cantaban fai uns aniños, eh?
En fin, unha mágoa que a imaxe do grupo se vexa tan enturbiada e emporcallada por este sujeto. Moito me gustan pero recoñezo que se me "caeu un mito" o día en que me enterei, fai xa un tempo, de que Canino flirteaba con IU, pero bueno, que se lle vai facer? Non é o primeiro (nin será o derradeiro, abofé que non) que comeza de radicalillo da CNT e remata nalgún concello cobrando dos chanchullos.
Iso por non falar da súa firme defensa do especismo nunha entrevista realizada durante unha xira por América Latina onde definiron o veganismo e o antiespecismo coma posicións interclasistas e pequenoburguesas (foi falar a CNT de interclasismo, eu é que me escarallo de risa...) e declararon que eran firmes defensores de socializar os matadeiros.
ResponderEliminarAlá cada quen coa súa postura ó respecto, pero aquel día rematei de escoitar a Sin Dios xD
Si, tras esas declaracions algunhas compas os recibiron disparando ao aire nun concerto en México e tiveron que saír por patas.
EliminarEste tío visitou todo organismo canallesco(moncloa incluida)cuanto puido para denunciar o asasinato do seu irmán, que por certo non deixaba de ser un soldadiño ben asalariado do 4 poder que morreu mentres filmaba o xenocidio iraquiano. Ao final, Para que lle serviu visitar tanto chuchatintas? Conseguiu que se declarase a morte do se irmán como asasinato de Estado por parte dos ianquis? NON
O unico que Conseguiu foi un salario como político de esquerda unida....
Moraleja??