Colamos convocatoria que nos enviaron as compas do CSOA A Casa da Estación ao respeito da presentación desta "Guía para o descenso enerxético" por membrxs de Véspera de Nada o vindeiro venres 27 as 20:30' no CSOA (avda. de Ferrol 71)
Queremos concienciar á poboación galega acerca do fenómeno do cénit da extracción mundial de petróleo e dar a coñecer as opcións que temos como individuos e como país para afrontar esta punto de inflexión na Historia da Humanidade.
Acerca da Guía
Os alicerces enerxéticos da civilización industrial está a se esborrallar irreversiblemente. En poucas décadas o actual modo de vida das sociedades capitalistas-consumistas deixará de ser viable, e con el moito do que hoxe damos por descontado, incluíndo o aparato de soporte estatal.
Diante disto a sociedade ten dúas opcións: ou deixarse guiar polo mito suicida do crecemento perpetuo nun imposible intento de prolongar a agonía do actual sistema, ou tomar o futuro das súas mans e comezar a construír, desde baixo, unha nova sociedade máis modesta, máis local e máis comunitaria. Aínda que os gobernos estean fallando criminalmente no seu deber de preparar de maneira anticipada as poboacións fronte á escaseza inminente debida ao devalar da enerxía fósil, hai moitos aspectos das nosas vidas nos que nós mesmas/os podemos actuar desde xa para preparar as nosas familias, as nosas comunidades, as nosas pequenas empresas e gobernos locais.
Esta Guía presenta unha explicación das transformacións sociais que xa están en marcha e que van supoñer a fin da Era da Abundancia e do Crecemento, ao tempo que ofrece un amplo conxunto de recomendacións acerca do que podemos ir mudando cada galega e cada galego nos terreos da nosa economía, do consumo enerxético, do transporte, da alimentación, da saúde, da vivenda e da educación para non só sobrevivirmos ao Peak Oil senón para construírmos unha Galiza que teña un futuro mellor despois do petróleo.
Máis información sobre a Guía
No hay comentarios:
Publicar un comentario