25 jun 2014

[Palestina] A chularía de Israel tras o asasinato de dous mozos

Abordaxe.- Nadim Siam Nuwara, de 17 anos de idade, e Muhammad Mahmoud Odeh Abu ao-Thahir, de 16, formaban parte dun grupo duns 150 palestinos que saíran o 15 de maio ás rúas da cidade cisxordana de Beitunia para conmemorar o Día da Catástrofe, ‘Nakba’, o desprazamento que acompañou á creación do Estado israelí en 1948. Un dos mozos recibiu un balazo mortal no peito e o outro, nas costas. O Exército israelí defendera "ipso facto" que durante a represión das protestas os militares recorreron só a medios convencionais como gases lacrimóxenos ou bolas de goma e non a fogo real.

Catro días máis tarde a sección palestina da Defense Children International divulgou este vídeo do incidente elaborado a partir de seis horas de gravación das cámaras de seguridade dunha tenda local propiedade de Fakher Zayed. No vídeo vese que no momento das súas mortes ningún deles representaba unha ameaza directa para os soldados israelís: ningún levaba arma e Odeh estaba mesmo de costas ao lugar dos choques:



Dois días despois o secretario xeral adxunto para Asuntos Políticos da ONU, Óscar Fernández-Taranco, solicita unha investigación transparente e independente da morte dos dous mozos palestinos.

Agora vimos de saber que, como soe facer, este goberno fascista fai caso omiso da ONU e como resposta imediata as súas demandas, o Exército israelí ordenou a Zayed desmantelar as cámaras nun prazo de 24 horas e confiscoulle o seu equipo de gravación; e despois, o 13 de xuño, incautou o resto de aparellos de gravación instalados na zona, así como o equipo doutros comerciantes. Ademais agora Zayed terá que enfrontarse a un proceso xudicial por divulgar as imaxes.

Israel, entanto, segue asasinando crianzas:

-Exército israelí asasina a un adolescente palestino en Gaza.

Información redactada x "Xan do can" segundo fontes de Esculca, e Actualidad.rt

No hay comentarios:

Publicar un comentario