Máis unha vez, como hai 70 anos, o fascismo volta percorrer a Europa. A criminal xunta que goberna hoxe a Ucraína, promovida e amparada polos monopolios europeos e norteamericanos, leva a cabo no leste do país unha campaña de limpeza étnica e ideolóxica, bombardeando a populación con fósforo branco e míseis causando a morte de centos de homes, mulleres e nenos.
Mar de Lumes — Comité Galego de Solidariedade Internacionalista fai un chamamento a exercer a máis ampla solidariedade co antifascismo ucraniano. A loita contra a besta fascista implica combater en todos os seus aspectos o capitalismo e as alianzas imperialistas que o promoven e sosteñen. Para elo organiza estes actos o vindeiro sábado 28:
12h00 Acto de Solidariedade Antifascista. Praza da Peregrina, Pontevedra
14h30 Xantar de Confraternización. Bar Tolo, Moaña
17h00 Palestra: a situación na Ucraína. Bar Tolo, Moaña
Remate: Realización colectiva de mural antifascista
Desde o golpe de estado de febreiro, o goberno títere de Kiev desatou unha feroz campaña represiva contra milleiros de persoas, contando coa participación dun novo actor, a extrema dereita. Proba desta nova unión entre fascismo e capital é a colaboración conxunta das Forzas Armadas coas milicias da Garda Nacional representada polas organizacións “Praviy Sektor” e “Svoboda”. O masacre de Odessa ou a dura represión en cidades como Kharkov e Slaviansk fainos voltar a ollar atrás na historia, rememorando os tristes acontecementos acaecidos no rexime hitleriano.
Desde a nosa organización queremos destacar o papel xogado polo imperialismo nos movementos surxidos da praza Maidán, actuando neles claros intereses económicos e xeoestratéxicos que levaron o fascismo e o nazismo a posicións hexemónicas. Após estas pretendas revoltas populares e democráticas vese o longo brazo da alianza EUA-UE que, para tentar tirar a Ucraína da influencia rusa, non dubida en armar e financiar o nazifascismo, en apoialo mediaticamente ou en se aliar con el.
Non son pro-rusos, son antifascistas!
Galiza-Ucraína solidariedade!
Non pasarán!
Este 28 de xuño, participa connosco na Xornada Antifascista e Internacionalista!
No hay comentarios:
Publicar un comentario