25 jun 2014

Os grupos anarquistas activos en España triplican aos de extrema esquerda.

Colamos esta desinformación (traducida e mantemos o titular,as fotos e as negriñas do texto) asinado por Enrique Morales e Miguel Sola en LaInformación que, como aponta o emisario nun correo é "Pra mexar e non botar ghota":


O anarquismo violento avanza en España e xa se converteu nunha das principais ameazas para a seguridade cidadá nun contexto no que a banda terrorista ETA leva cinco anos sen atentar en territorio español.

O número de grupos e cédulas independentes de carácter anarquista non parou de crecer nos últimos anos e xa suman preto de 120, segundo o Ministerio de Interior. Estes grupos lograron infiltrarse nas revoltas mineiras, no 15-M, nas protestas antiprivatización e nas dedicadas a cercar o Congreso e, últimante, nos actos violentos dos ocupas e antisistema en Can Vives.

Mentres, os que actúan de forma individual, os denominados lobos solitarios, converteron as igrexas e os empresarios nos seus principais obxectivos e os artefactos explosivos caseiros nun instrumento para atraer a atención, tanto da prensa coma da sociedade.

Só o ano pasado foron detidos 54 anarquistas, un número tres veces superior ao de 2012.

Unha das principais preocupacións da Policía

Os grupos anarquistas convertéronse nunha das principais preocupacións das Brigadas de Información da Policía española, que se manteñen en alerta permanente ante o incremento da súa actividade e a virulencia das súas accións, entre as que inclúen os atentados con artefactos explosivos na Catedral de La Almudena (Madrid) e na Basílica del Pilar (Zaragoza).

As accións destes grupos anarquistas teñen obxectivos diversos, pero basicamente están centradas en atentados contra institucións do Estado e a Igrexa -nos que non avalían as consecuencias en vidas humanas-; asasinatos selectivos con trasfondo ideolóxico; ataques a empresas e sucursais bancarias, e revoltas na rúa, nas que tamén participan outros grupos antisistema e de esquerda. Sorprendentemente, os grupos anarquistas case triplican os de extrema esquerda -pouco máis de 40- e duplican os de extrema dereita, en torno a 50.

Entre os propósitos latentes dos anarquista poderían estar os responsables de prisións, aos que acusan de secuestradores e carcereiros, escudándose nas palabras do anarquista ruso Mijail Bakunin: "Só poderemos sentirnos libres mentres non exista un só preso". Este obxectivo queda reflectido claramente na web da Cruz Negra Anarquista Meditérranea-Sur, onde se asegura que a súa loita é "polos compañeiros libertarios secuestrados polo Estado e o Capital e pola abolición dos centros de exterminio que son os cárceres".

Nos últimos meses, segundo fontes policiais, os anarquistas lograron infiltrarse, en maior ou menor medida, en movementos asemblearios cidadáns; en sociais, como o 15-M ou o 25-S; nas marchas mineiras e mesmo en protestas cidadás e sindicais en contra das reformas económicas do Goberno de Mariano Rajoy. Tamén actuaron como germén das recentes protestas violentas contra o desaloxo de Can Vives.

Vínculos con outros movementos europeos

Dous activistas libertarios gregos, Mario Tursunidis e Kostas Jasanis, que avogan pola radicalización do movemento anarquista para "facer fronte á política represiva do Estado", participaron fai pouco máis dun ano nunhas xornadas organizadas pola Coordinadora Anti-Privatización da Sanidade Pública Madrileña. Mentres, os encarcerados en Barcelona en maio de 2013 por defender a violencia urbana formaron parte das revoltas mineiras en Asturias.

A Policía detectou que os anarquistas se están a infiltrar nos movementos antisistema para utilizalos como cobertura, sen que en moitos casos estes últimos sexan conscientes e os seus fins non sexan exactamente os mesmos.

Como se organizan?

Os anarquistas españois están organizados en grupos de afinidade pequena e dende hai anos están sendo avalados e asesorado por grupos internacionais, fundamentalmente italianos e gregos, e nalgunhas accións participaron de forma conxunta.

O seu modelo a seguir son as actuacións dos violentos e organizados grupos anarquistas helenos - "terrorismo puro e duro", segundo a Policía española-, que loitan contra un Estado debilitado pola crise e a corrupción, o capital e as potentes organizacións de ultradereita gregas.

En España, o denominado Comando Insurreccionalista Mateo Morral -que para os grupos anarquistas é un invento da Policía- atribuíuse a colocación do artefacto explosivo na Catedral da Almudena e da bombona de gas que explotou na Basílica do Piar.

Dende principios de 2012 contabilizáronse ata 20 atentados con artefactos explosivos e cócteles molotov, cuxo obxectivo eran sucursais bancarias e empresas, en Cataluña, Madrid, Galicia e Andalucía.

Hai catro anos, catro anarquistas apuñalaron en Valdemoro ao entón menor de idade Javier Peinado. Foron condenados a 38 anos de prisión. En maio de 2013, o xuíz da Audiencia Nacional Santiago Pedraz enviou prisión a cinco presuntos integrantes do grupo anarquista Bandera Negra. Os detidos xustificaran as accións de ETA e Grapo e a violencia urbana e participaron nas revoltas mineiras que tiveron lugar na localidade asturiana de Mieres.

Ademais do Comando Insurrecionalista Mateo Corral, que utiliza o nome do anarquista español responsable do atentado contra Alfonso XIII e Victoria Eugenia no que morreron 23 civís, hai outros grupos, en principio non vinculados con actividades violentas, pero que impulsan accións anticlericais, contra a "represión carceraria" e que invitan activistas gregos e italianos a participar nos seus diferentes proxectos.

Así, está o Grupo Anarquista Mayo Negro, creado en outubro do ano pasado co obxectivo de loitar contra a propiedade privada, o principio de autoridade, o Estado, a política, a relixión e contra todos aqueles poderes que obstaculizan a total emancipación do ser humano. A súa primeira acción foi impulsar un acto anticlerical que incluía unha "festa anti-cristo". E Novembro Negro, constituído nas mesmas datas en Galicia, que asegura propugnar un anarquismo non violento, ecoloxista e defensor do ciberactivismo.

A CNT condena a criminilización do anarquismo

O secretario xeral da CNT, Pedro Serna, afirmou en declaracións a lainformacion.com que "a policía pode estar tranquila" e que cre que non haberá "outro Mateo Morral". En relación ás declaracións de Cosidó, insiste en son para meter medo, crear falsos rumores e quitar a atención dos problemas reais da xente. Parécenos insultante a asociación das ideas anarquistas á violencia. O anarquismo é unha ideoloxía que promove a igualdade e a razón. Esa continua asociación do anarquismo e violencia só interésalle ao sistema".

Sobre os feitos dos dous atentados Serna expresou que probablemente o Ministerio do Interior os tiña bastante sobre control. A CNT desvincúlase das accións violentas e condena a criminilización do anarquismo polo director xeral da Policía. Serna, aínda que non puido dicir estadísitas concretas, afirmou que existe un crecemento no número de afiliacións a asociacións e sindicatos anarquistas. Para el, os traballadores buscan, agora máis que nunca, unha ferramenta de loita para rematar coa crise e a falta de condicións e dereitos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario