Informa La Oveja Roja en La Haine:
5 militantes de extrema dereita agrediron 3 antifascistas nas rúas de Madrid, que tiveron que ser trasladadxs a Urxencias a causa da malleira que os fascistas lle deron.
Os dous compañeiros e a compañeira agredida encóntranse nestes momentos no hospital e descoñécese se a súa situación é grave. Xs tres antifascistas pertencían ao colectivo antifascista JCEF (Xuventudes Contra o Fascismo) de Toledo. Polo momento só hai un detido e sábese que almenos un dos agredidos é menor de idade. A agresión, segun informou o colectivo, tivo lugar na zona madrileña de Canillejas.
Dende o equipo de LOR queremos expresar nosa mais absoluta solidariedade con xs compañeirxs de JCEF e acompañalxs nestes momentos tan duros. O fascismo golpea cando o capitalismo treme, e sempre son xs obreirxs quen pagan a súa brutalidade.
Antifascismo é dignidade.
Non pasarán.
No hay comentarios:
Publicar un comentario