8 jun 2014

Boas e malas novas en Santiasko de $hile

Recemos esta informaçom na nossa caixa de correio da nosa "correspondente" sobre os julgamentos a anarquistas:

Víctor Montoya, quen foi xulgado baixo a Lei Antiterrorista, saiu absolto da montaxe policial que o levou a prisión preventiva dende febreiro do 2013. Vese que á fiscalía non lle funcionaron ben os principais argumentos que tiñan na súa contra: ser vegano e ter tatuaxes.

Pero por desgracia, o poder desquitouse antonte pola tarde: os compas acusados do "Caso Security" foron declarados culpables, e atópanse agora agardando pola sentencia (que se publicará o 2 de xullo), que podería ir entre os 18 anos de secuestro, e a cadea perpetua calificada. Gustaríame chamar a atención sobre o tratamento que os falsimedios lle deron á nova, victimizando ao bastardo morto e á súa familia, recordándoo como un heroe que deu a vida en defensa do seu deber para co poder; mentres acosaban e tildaban aos compañeiros e ás súas familias de asesinos e terroristas. Non hai máis que ver os asquerosos comentarios da xente na noticia do fachimedio emol

Ánimo e forza para eles! A estar atentxs e solidarizar!
Abaixo os muros!

1 comentario:

  1. Compas, aquí déixovos un PDF co arquivo íntegro da acta de deliberación no caso security.

    LER/DESCARGAR: http://poderjudicial.cl/documents/396729/0/Veredicto+Rit+34-2014+cabo+Moyano.pdf/e6c6aebf-e9fc-486a-a3ca-cb4aedd81dfd

    ResponderEliminar