9 jun. 2014

[Kompos Tolo] Concentrazón Xoves 12 ás 20:00' no Toural "Froilán Rei da Galiza"



Desde distintos colectivos, partidos, sindicatos e organizacións ridiculistas de base chegamos á proposta de consenso seguinte, que auna as lexítimas aspiracións de tódalas sensibilidades monárquicas en torno á abdicazón borbónica, exceito unha, a dos advenedizos FelipeSextistas (con quen, obviamente, o acordo foi impo...síbel):

Froilán, Rei da Galiza,
Elena Raiña de España
Po-lo direito a apandar!

A tal fin, convocamos á cidadania monárquica non FelipeSextista, pra unha concentrazón e posterior manifestazón retranqueira o xoves 12 ás 20:00 horas na compostelana praza do Toral pra reclamar:

1) o inalienábel direito ao trono do Histórico Reino da Galiza pra D. Felipe Juan Froilán de todos los Santos de Marichalar y Borbón y cuenta nueva.

2) a apertura de primárias “a la gallega” na sucesión ao trono de España, con vistas a que poda concorrer a nosa candidata favorita, Dona Elena de Borbón, quen é super-riquiña (o cal a capacita pra portar a coroa e a capa de armiño).

3) a apertura inmediata de unha consulta na que se pergunte por (primeiro) o direito a abuchanarse da sociedade española e (segundo) o direito das nacións sen estado a achantar co que hai, e foderse sine hora.

Froilanistas, Elenistas e Pokemos, por riba das nosas diferéncias, hai algo que nos une. A caspa!
Acudamos á convocatória, coas nosas mellores galas e demonstremos que somos mais que eles, os 8 FelipeSextistas que se xuntaron no Toural o outro dia. Unidos, comeremos merda, mas comerémola nun mesmo prato e xa se sabe que o roce fai o cariño...

Viva o Rei! Viva Froilán!
Infanta Elena, Infanta Elena! Sóplame el culo que tengo Arena!
ReferenDA!

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada