20 jun 2014

[Italia, Torino] Detencións, rexistros e encarceramentos de anarquistas e antiautoritarixs en loita contra os desafiuzamentos

En decembro de 2013 deramos conta en Abordaxe dunha operación contra activistas Anti-TAV en Torino e en Milano: En Torino a DIGOS (policía política na Italia) irrompera no Asilo Okupado e nunha vivenda okupada de Lanino e como resultas eran apresadas e encarceradas Chiara Zenobi e Claudio Alberto (e en Milano era detido na mesma operación Mattia Zanotti membro da rádio libre "Radio Cane"), sumándose así a Niccolò Blasi, quen xa estaba preso e encarcerado dende o 29 de outubro dese ano.

Agora recollemos do IndyBarna (e traducimos) unha nova irrupción da DIGOS nas mesmas okupas e en varias vivendas particulares (un total de 25 rexistros), se ben desta volta a escusa non é a loita Anti-TAV senón as accións das compas contra os desafiuzamentos, da que hai un total de 111 persoas investigadas!!:


Represión contra compañeiros e compañeiras envolvidos na loita que está dandose dende hai uns anos na cidade contra os desafiuzamentos e pola ocupación de vivendas.

Dende as primeiras horas da mañá do 3 de xuño de 2014, levouse a cabo unha operación represiva orquestrada polo fiscal de Pedrotta e o fiscal "francomasón" Rinaudo, contra diferentes anarquistas e antiautoritarias de Torino. A DIGOS (policía política) e os carabinieri levaron a cabo 25 rexistros en Turín e en Piamonte, incluído o Asilo Ocupado (centro social da cidade) e unha casa ocupada de vivendas de Lanino, ademais da notificación e a execución de diversas medidas preventivas: 11 persoas ao cárcere, 6 baixo arresto domiciliario, 4 con "obblighi di dimora" (prohibición de saír da cidade), 4 con "divieti di dimora" (obriga de permanecer na cidade), 4 con obrigas de asinar en comisaría. Hai un total de 111 persoas investigadas e os presuntos delitos van dende "secuestro de persoa" (por increpar un axente xudicial nun desaloxo?) a extorsión, pasando por "danos", "resistencia e desacato a un funcionario público", "ameazas" e "ocupación de edificios".

Basicamente a investigación orquestrada coa intención de compracer aos grandes poderes da cidade: construtores, especuladores, banqueiros, empresas cementeiras e o Partido Democrático (PD), que en Torino se superpoñen e combinan á perfección.

As acusacións contra as compas refírense principalmente ás prácticas de resistencia aos desaloxos e desafiuzamentos (dende piquetes á ocupación da sede dos funcionarios xudiciais), as manifestacións espontáneas e os ataques á sede do PD nos últimos meses, cun intento de sufocar a golpe de medidas preventivas os que, nos diferentes barrios da cidade, están a promover a autoorganización dxs explotadxs e desafiuzadxs para a reapropiación de espazos para usar como vivenda, na loita contra a gentrificación, contra a especulación e contra os políticos e especuladores que en todas as partes saquean nosas vidas.

Os enderezos das compas encarceradas:

Daniele Altoè C.C. Piazza Don Soria, 37 - 15121 Alessandria
Andrea Ventrella C.C. Via Port’Aurea, 57 - 48121 Ravenna
Paolo Milan C.C. Brissogne, Loc. Les Iles, 14 - 11020 Aosta
Toshiyuki Hosokawa C.C. Brissogne, Loc. Les Iles, 14 - 11020 Aosta
Giuseppe De Salvatore C.C. Via dei Tigli 14 - 13900 Biella
Francesco Di Berardo C.C. Via Roncata 75 - 12100 Cuneo
Nicolò Angelino C.C. via Maria Adelaide Aglietta 35 - 10151 Torino
Marianna Valenti C.C. via del Rollone 19 - 13100 Vercelli
Fabio Milan C.C. via del Rollone 19 - 13100 Vercelli
Michele Garau Strada Quarto inferiore 266 - Loc. Quarto Inferiore - 14030 Asti

As torinesas Nicco, Chiara e Claudio, que seguían en prisión (xunto ao milanés Mattia Zanotti) baixo a lei antiterrorista pola luita contra o TAV tambén receberon de resultas desta "operación" novas restriccións dado que tambén están na listaxe de acusadas. Ao respeito disto e segundo Informa Azzione) Chiara e Claudio se encontran temporalmente retidas no cárcere torinés de Le Vallette e Mattia e Niccolò en Alessandria:

Chiara Zenobi
Claudio Alberto

C.C. via Maria Adelaide Aglietta 35 -10151 Torino.

Mattia Zanotti
Niccolò Blasi

C. R. Via Casale San Michele, 50 -15100 Alessandria.

Máis información (en italiano) en Infoaut

Máis información en Abordaxe sobre as 4 detidas anti-TAV:
6/3/2014 [Itália] Notícias sobre xs 4 presxs activistas anti-TAV. Acçons solidárias e situaçom.

No hay comentarios:

Publicar un comentario