Un comunicado anónimo publicado pola páxina web anarquista Contraifo, no que se acusa á compañeira Tamara de ter delatado alguén á policía (sen dicir como, cando... e nin sequera a quen¡¡¡¡), levantou a polémica por estes mundos ciberespaciales. Dado o grave das acusacións, o gratuíto e inxustificado das mesmas e, sobre todo, en vista do totalitarismo fanático e do mesianismo sectario e iluminado que destilan, véxome na obriga de solidarizarme publicamente coa compañeira calumniada.
Para aqueles que non saibades de quen estamos a falar, xa sexa por vivir no espazo sideral nos últimos anos ou porque descoñezades absolutamente os pormenores do anarquismo ibérico, direi que Tamara é unha compañeira anarquista que foi acusada do envío dun paquete bomba ao entón secretario de servizos penitenciarios de Cataluña, no marco dunha campaña de solidariedade co preso anarquista Amadeu Casellas. Foi detida, brevemente encarcerada e condenada a oito anos de cadea, pero finalmente recibiu un indulto parcial que a eximiu do cumprimento da condena.
Malia o dito no mencionado comunicado (que podedes atopar AQUÍ), no que se ataca con saña a compañeira por aceptar un indulto do estado, acusándoa sen proba ningunha de traizón e achacándolle o desprestixio do movemento antiautoritario, Tamara segue sendo a nosa compañeira. Eu sígome sentindo orgulloso de ter participado, dende aquí e como boamente souben, na campaña pola súa liberación e alégrome de que se atope en liberdade. Que faría eu na súa situación? ou que me gustaría a min que fixese ela? Iso xa é outra cuestión distinta na que non penso entrar. Pero é evidente que ela xa demostrou con feitos o seu compromiso coa causa anarquista (cousa que lles falta por facer a moitos dos seus detractores).
Como enfrontar as consecuencias da represión é unha decisión persoal, sempre que non pringue a ninguén máis, e soamente a un fanático descerebrado se lle pode ocorrer esixirlle aos demais que se colguen do pau da súa bandeira para que poidamos ir por aí enarborando aos nosos ídolos e venerando aos nosos mártires. Pode non gustarte a vía escollida por Tamara, podes incluso criticala, pero o que non é de recibo é tratar de destruila como persoa acusándoa de traición e excomungandoa do movemento antiautoriatario.
Nada como comprobar os demoledores efectos dun verdadeiro chivato traidor como para pecharlles as bocas aos falabaratos dispostos a converter en erexía a máis mínima desviación da hortodoxia revolucionaria. E se non que pregunten por estas terras.
Só réstame por desexarlle a Tamara unha feliz liberdade, e a quenes tanto a critican que poidan disfrutar eles da oportunidade de amosarnos ao resto como se comporta un auténtico anarquista cando marcha triunfalmente cara ó martirio.
C.R.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
plas, plas! concordo.
ResponderEliminarDicir que, despois de ter un debate interno en Contra Info, eu tamén me decidín a publicar algo no meu blogue, desvinculándome da publicación do comunicado, dando as miñas propias razóns e aínda por enriba, sinalando que non todo Contra Info tiña a culpa, e que iso fora decisión dunha soa persoa que publicou o comunicado sen consultar ó resto.
ResponderEliminarPois ben, fun expulsado de Contra Info por segundo elxs, "divulgar información confidencial" (tódalas persoas que leeron o devandito comunicado, a excepción polo visto de algúns/has de Contra Info, están dacordo en que NON fixen tal cousa e que NON hai información confidencial da rede por ningures), e o mellor de todo, por "ir de voceiro" de Contra Info, cando no meu comunicado deixo ben clariño que só falo por min e por ninguén máis (nin por Chiquito de la Calzada, nin por alguén de Contra Info, nin polo Fary nin pola nai Teresa de Calcuta, falaba POR MIN).
Perante isto, só me queda denunciar a profunda complicidade da rede na divulgación de tan lamentable comunicado, e sinalar que máis alá das súas excusas, hai unha obsesión co purismo que non sempre se aplica (lembro cando unha das persoas detrás da publicación do comunicado de Tamara, non quiso publicar o comunicado de Cárcere = Tortura acerca das agresións cometidas por Baldo, alegando que non había probas).
O dito, nun chove a gusto de todxs, e polo visto, hainos que prefiren perderse na procura da coherencia plena (sinalando, xulgando, valorando... cada erro dos demáis) mentras viven con medo a mirarse no espello.
Tamara, estamos contigo