3 jun 2014

[CP A Lama] Actualización da situación de Gabriel Pombo Da Silva

Damos pulo a este Comunicado asinado por Anarquistas Solidarixs que recibimos por correo:

O 13 de xuño de 2012, tras distintas operacións contra outros compañeiros, o Estado italiano lanzou unha ondada de represión contra decenas de anarquistas, denominada Ardire (Ousadía), que chegou a 40 rexistros domiciliarios, 24 compas imputadas e 8 encarceradas. Esta vez, pretenderon mesmo darlle unha dimensión suplementaria, inculpando a compañeiros encarcerados en varios países europeos, como Grecia, Suíza e Alemaña, calificándolles de "ideólogos e lideres", supoñemos que "na sombra".

Como ven a ser habitual, os estados pretenden ver a súa cara autoritaria no sorriso dos seus inimigos irredutibles, construíndo por exemplo roles de xefes, de executantes e de coordinadores no seo dunha enésima "asociación terrorista" alí onde só existen (e bastan) afinidades, correspondencia cos presos, loitas e vontades de pelexa. É deste modo que Gabriel Pombo dá Silva e Marco Camenisch, encarcerados dende longos anos encóntranse nesta investigación tras unha folga de fame internacional realizada en decembro do 2009, tratados de "símbolos e puntos de referencia dun novo proxecto subversivo" do que eles serían "os ideólogos e os propulsores".

Despois de 20 anos pasados nas gaiolas españolas (dos cales 14 en réxime FIES) das que conseguirá fuxir, Gabriel é detido en 2004 despois dun control e dun tiroteo coa policía en Alemaña. El cumprirá 9 anos suplementarios neste país. Extraditado a España o 25 de Febreiro 2013 en virtude da Euroorde (orde de detención europea) lanzada por este país dez anos antes para que acabase de purgar a pena que lle esperaba, Gabriel foi citado dous meses máis tarde fronte á Audiencia Nacional, esta vez para notificarlle unha orde de detención europea lanzada contra el por Italia en marzo no marco da operación Ardire! Gabriel rexeitou por suposto ser enviado voluntariamente aí. Posto que el non renunciou ao "principio de especialidade" como din nos seus códigos feroces, a xustiza anti-terrorista española tivo que
recorrer ante os seus homólogos alemáns, en xaneiro 2014, a autorización de libralo a Italia.

O 17 de xaneiro, na vertente da investigación da operación "Ardire" xestionada dende Perugia, a inquisidora Comodi finalmente pediu o "non ten lugar a proceder" pola acusación de "asociación terrorista", mentres que no sumario principal trasladado a Milán, o 8 de abril o tribunal levantou todas as medidas restritivas (obriga de asinar,
asignación de residencia, prohibición de saír do territorio) contra as compas italianas. Despois dun circo que custou un ano de vida para algunhas, e mesmo máis para outras, este mesmo tribunal levantou o 18 de abril a euroorde italiana contra Gabriel.

Todas estas peripecias de terrorismo de Estado europeo e dos seus lacaios en toga non deberían facernos esquecer que Gabriel segue estando encarcerado en réxime FIES dende o seu traslado ao cárcere da Lama (Galicia) en agosto de 2013. A súa correspondencia está sempre sometida aos caprichos dos carcereiros (tanto de saída coma de entrada), as actividades son igualmente restrinxidas con total arbitrariedade, todo nun talego reputado polo seu elevado número de "mortes súbitas"... tal apareceu morto na súa xerga obscena. Para rematar, con respecto á demanda de coñecer a data final de pena para Gabriel, a xustiza e a administración penitenciaria continuan xogando os seus xoguiños mesquiños da tortura a
lume lento, cambiando regularmente os seus cálculos de verdugos. Polo momento esta está fixada en...2023.

En realidade, estas diferentes medidas son unha advertencia lanzada contra toda persoas que se rebele. Trátase á vez dun acoso particular contra un dos nosos compañeiros *("cada vez máis perigoso" como eles din, un anarquista ao que, 29 anos pasados tras os barrotes, non fixeron dobregar), pero tamén dun castigo demasiado común contra quen non se someten. Porque as cabezas teñen que estar baixadas, as bocas amordazadas e os ollos pechos, tanto dentro como fóra. A menos que...

Abaixo todos os Estados, o encerro, a policía e os tribunais.

Liberdade para todas e todos!


Anarquistas solidarixs,
18 maio 2014

Para escribirlle, mesmo se el non pode responder e preferentemente por correo certificado para evitar que as cartas rematen na conta de perdas e ganancias (textos, opúsculos e libros non entran por correo):
Gabriel Pombo Da Silva
CP A-Lama (Pontevedra)
Monte Racelo s/n
36830 A Lama (Pontevedra)

Detidas no pasado novembro, outras dúas compas, Mónica e Francisco, están tamén encarceradas en réxime FIES. Trasladado tres veces en 6 meses, el encóntrase aínda en illamento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario