Damos pulo a estas xornadas organizadas polo Espazo Aberto Antimilitar que comenzan hoxe mesmo día 3 de xuño con a inauguración da "Exposición sobre o Movemento de Insubmisión en Vigo", con materiais orixinais do MOC, e que estará do 3 ao 21 na Cova dos Ratos e do 23 ao 28 na Revolta, e contará con palestras todos os sábados deste o mes de xuño, se ben a primeira será este mesmo xoves 5 na Cova:
XORNADAS “25 ANOS DE INSUBMISIÓN, 25 ANOS DESOBEDECENDO”
- Xoves 5 de xuño, 20:30, A Cova dos Ratos (Romil 3)
'Insumisión. 20 años desobedeciendo'
Proxección documental realizado polo KEM-MOC de Bilbo
- Sábado 7 de xuño, 20:30, A Cova dos Ratos (Romil 3)
25 anos de insubmisión en Galiza.
Mesa redonda con insubmisos galegos.
- Sábado 14 de xuño, 20:30, A Cova dos Ratos (Romil 3)
A Desobediencia Civil contra o Estado e a Criminalización da Protesta
José Ángel Brandariz. Profesor de Dereito Penal da Universidade da Coruña e antigo membro do MOC.
- Sábado 21 de xuño, 20:30, A Cova dos Ratos (Romil 3)
Estratexias de desobediencia actuais: okupación, desobediencia ao patriarcado, obxección fiscal.
Con compañeiras/os do CSO Palavea, Rede Feminista Galega e Espazo Aberto Antimilitar.
- Sábado 28 de xuño, 20:30, A Revolta do Berbés (Rúa Real 12)
Presente e perspectivas de futuro do antimilitarismo
Pablo San José do Grupo Antimilitarista Tortuga.
# Durante todo o mes de xuño,
3 jun 2014
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario