Recollemos (e traducimos) de ContraInfo:
as que se aventuran ao descoñecido,
as que as motiva a incerteza,
as que insisten pola anarquía.
A elas todo o noso respecto e cariño».
Mónica Caballero e Francisco Solar, duas das cinco anarquistas detidas en novembro pasado acusadas de colocar un artefacto explosivo na basílica do Pilar de Zaragoza, seguen en prisión preventiva en espera de xuízo. Hai poucos días foilles denegada unha petición de saída en liberdade provisional, polo tanto permanecerán en prisión (sempre baixo o réxime FIES 3) en espera de xuízo, que de momento non sabemos cando será.
Estamos á espera de que lles autoricen as chamadas intercarcerarias logo de varias negativas (ao parecer a partir do próximo mes poderán facelas) xa que a comunicación entre ambos as dúas é bastante lenta (as cartas entre elas tardan aproximadamente un mes), ademais de seguir cun límite de dúas cartas semanais para enviar.
Aproveitamos para comentar que proximamente ambas as dúas compañeiras cumprirán anos, Mónica en 18 de xuño e Francisco en 4 de xullo, polo tanto se alguén lles quere enviar unhas notas, postais, debuxos ou o que sexa, supoñemos que serán ben recibidos na situación que se encontran. Non enviar outro tipo de cousas, xa que teñen límite de cousas que lles poden entrar e se alguén envía un libro ou algo así, por exemplo no caso de Mónica só ten acceso un paquete mensual que aproveitamos para meter todo o que necesita e imos xuntando ao longo do mes.
Os seus enderezos son:
Mónica Andrea Caballero Sepúlveda
Ávila-Prisión Provincial
Ctra. de Vicolozano s/n
Apdo. 206, 05194 Brieva (Ávila)
Francisco Javier Solar Domínguez
C.P. de Villabona, Finca Tabladiello
33480 Villabona-Llanera (Asturies)
No hay comentarios:
Publicar un comentario