5 jun 2014

Comunicado dun Grupo de Amigxs e Compañeirxs de Tamara en resposta ás acusacións verquidas sobre nosa compa e amiga:

Xa en Abordaxe, o compa C.R. publicou estes días un seu artigo sobre o seu parecer ao respeito. Mesmo en ContraInfo deron conta dele (traducido ao castelán e con uns moi interesantes comentarios aportados); agora tambén en ContraInfo un autodenominado GRUPO DE AMIGXS E COMPAÑEIRXS DE TAMARA publican este seu moi interesante Comunicado na mesma liña que a do noso compa, e ao que damos pulo (traducido ao galego):

Para empezar temos claro que Internet NON É O MEDIO e NUNCA O SERÁ. Para nos a loita está ben lonxe do ordenador e da comodidade dunha casa, por iso fódenos que nos obrigásedes a ter que sacar este tema por aquí, porque evidentemente non ides dar a cara, nin esperamos que o fagades... aínda que nada nos gustaría máis.

Sentimos por outro lado, decepción cara aos "compañeiros" de Contra Información, os cales non só dades cabida a este tipo de circos senón que a día de hoxe seguides manténdoo na vosa páxina. Para nós non é un tema de censura, trátase dunha falta de respecto á integridade dunha persoa que nos parece intolerable...

Non se publican artigos ou textos que "non se moven dentro dos límites da decencia e do respecto á dignidade humana, dos datos persoais, da igualdade de sexos e de todos os seres humanos" pon nas vosas condicións de publicación. Non o parece. Sentímolo, pero lonxe de convertervos en medios de contrainformación pasades a ser prensa amarela ou prensa rosa e negra, chamádeo como queirades, calquera das formas apesta. Cal é o obxectivo de manter algo así na vosa web?

Respectarvos un pouco a vos mesmxs e sobre todo respectádenos axs demais.

Acerca do debate do indulto de Tamara e as falsas acusacións vertidas sobre ela.

Ben, para nos existe algo que é inamovible e iso é a liberdade que cada persoa ten para decidir sobre a súa vida o que lle dá a gana, é dicir, a súa liberdade individual. Neste caso ela é a afectada e polo tanto ela é a que ten a última palabra e a decisión final sobre a súa vida. Non nos asustan as emocións e empatizamos con elas, iso é o que nos fai humanxs, ser capaces de sentir a dor e o sufrimento dunha compañeira e o seu ámbito e non pasar por enriba diso a calquera prezo.

Evidentemente o debate sobre o que supoñen os acordos ou os indultos do Estado está aí, hai quen podemos ou non estar de acordo con iso, pero o problema que vemos nisto é que é moi doado dicir o que teoricamente débese facer... pero iso é... teoría. Cando é unha única persoa a que se enfronta soa ante unha petición fiscal de 16 anos, como era o caso da compañeira Tamara, entón Onde estades (ou estamos) xs demais?

Entristécenos ver o paupérrimo e débil que é o autovangloriado movemento anarquista ante o que supón a solidariedade real ás persoas presas. Que se pidan indultos ou se pacten acordos non é responsabilidade e culpa dunha persoa, é responsabilidade de todos e todas as que damos forma ao movemento anarquista. É un problema colectivo. É moi doado dicir o mal que o fixo Tamara (ou tantxs outrxs anarquistas e luitadorxs que utilizaran este recurso) sen asumir as propias miserias.

Quizais muitxs non se acorden, pero alá polo 2011 e despois da data do xuízo de Tamara publicouse nalgúns medios de contrainformación a decisión da compañeira e a consecuente espera na rúa da resolución do indulto.

Agora resulta que a todxs nos sorprende? Ou é que quizais parece que o que nos fode é que llelo desen? O quizais a vosa vida e a vosa loita esta tan baleira de contido que para poder henchir o voso peito de orgullo libertario necesitades de mártires.

Agora a pregunta que vos facemos é: Ides sacar vos ás compas do cárcere? Ides estar aí a asumir o que é o apoio real no cárcere? Isto é, apoio persoal, económico, emocional etc. Porque o certo é que son poucxs, moi poucxs, xs que dedican a súa vida á solidariedade real e son muitxs, demasiadxs, xs que cacarexan acerca dela.

"Aquelxs que te apoiamos de xeito incondicional" "compañeirxs que se xogaron a vida por ti"... A solidariedade é ou non é, e iso é o que a fai grande. Cando dende o puro amor ás compas ou ás ideas asumimos accións e esforzos é porque si... porque así somos. Cando a solidariedade é utilizada como moeda de cambio (ou fas o que queremos ou te retiramos o apoio, veáse "xa non es a nosa compañeira, non te queremos entre nós") entón convértese nunha mercadoría, unha chantaxe, o cal esta máis preto do funcionamento de grupos xerárquicos e autoritarios que dos nobres fins polos que dicimos loitar... Vas decidir ti sobre a vida de outrx? A serio?

Evidentemente é doloroso que unha compañeira tome unha decisión que para algunhas é errónea, pero cando é ela a que vai asumir os 16 anos de cárcere, non podemos facer outra cousa máis que respectar os seus desexos e se non desexamos seguir solidarizándonos co seu caso o facemos e punto. A vosa reacción non di de vos máis que o que a vosa solidariedade está envelenada co interese persoal ou as expectativas de cumprir unicamente os vosos desexos. Vixiade o voso ego.

GRUPO DE AMIGXS E COMPAÑEIRXS DE TAMARA

Colado x eDu

3 comentarios:

  1. Está moi mal o que lle fixeron a Tamara. Aparte Contrainfo merécese case,case unha campaña de boicote. Está historia lémbrame tamén ao que fixeron na Galiza algúns talibáns cun compañeirx independentista antiautoritario. Que vergoña para o anarquismo o comunicado contra Tamara, parecemos soldaditos comunistas, ¡Que vergoña!

    ResponderEliminar
  2. es una opinion no se por que le dais tanta importancia. Contra info es una web anarquista y como tal publica textos anarquistas, ¿ acaso es mejor censurar las ideas de lxs demas?.

    Vaya para algunos la anarquia tambien es un pensamiento unico...lo digo por el comentario anterior.

    Ahora ya podeis censurar tambien este texto, asi todo queda entre vosotrxs.....

    ResponderEliminar
  3. 1 - MANDA CARALLO que haia quen califique simplemente de "opinión" o que debería ser visto coma unha acusación infundada (e aínda por enriba de chivateo, que non é pouca cousa) contra unha compañeira que ademáis, penso que xa demostrou no seu momento o seu compromiso coa loita, arriscándose nunha acción que saíu mal e que a levou ó talego, de onde saíu aceptando un indulto (plántate ti con 8 anos de sentencia firme a falar de coherencia, e mantén a palabra, veña!). Unha opinión sería sacar un comunicado (asinado ou non) onde dende a crítica fraterna e o respecto argumentasen por que están en contra de aceptar indultos e por que creen que Tamara fixo mal ó aceptalo. ISO sería unha opinión. Sacar un comunicado anónimo, dende onde acusar cobardemente a unha compa de chivata sen ofrecer proba algunha, e pretendendo aínda por enriba que sexa excluída dos entornos anarquistas, non é unha opinión, é ser un monte de merda.

    2 - Censuramos a información dos mass-merda, censuramos a información de grupos neonazis, censuramos a información stalinista... Non vale todo, síntocho, e na miña opinión, coma anarquistas, deberíamos rexeitar calqueira crítica destructiva e cobarde, e xa non falemos das acusacións a persoas concretas sen probas e dende o seguro e cómodo ciberanonimato.

    3 - É curioso que fales de que para algúns/has o anarquismo é un pensamento único, e non o digas con respecto a esa secta de "puros anarquistas intachables" que sentenciaron a Tamara nun xuízo farsa sen tribunal polo feito de que aceptase un indulto. Ao respecto de aceptar un indulto, hai moitas opinións, cada quen terá a súa e Internet non é o lugar para debatir ese tipo de cousas (aínda que, coma dixen antes, sempre podes sacar un comunicado dende a motivación constructiva e o respecto criticando a quen os acepta, eu difundiríao estivera ou non dacordo!). O que non se pode facer e ir pola vida acusando á xente sen probas, dende o anonimato etc, porque esa é unha táctica POLICIAL.

    4 - Mira, por respecto a algunha que outra persoa que aínda está en Contra Info tentando atopar un consenso positivo con respecto a isto, vou calar, e non vou seguir criticando, pero eu estaba en Contra Info, e fun expulsado con falsas acusacións xusto despois de publicar no meu blogue o meu posicionamento. Non tes nin idea de como funciona a rede, así que mellor cala, porque estás metendo a zoca cousa mala, chico/a.

    5 - Censura? Quen censurou nada?

    ResponderEliminar