5 jun 2014

Un outro asesinato de estado: José Antonio Vilasó Pardavila morreu tras o seu paso nos cárceres do estado español

Tras facer un seguimento do seu caso en Abordaxe, vimos de saber da súa morte por unha noticia publicada no portal de EsCULcA, e na que dan conta de que a adxunta segunda da Defensora del Pueblo, comunicoulles a abertura de dilixencias para arrecadar información sobre o incumprimento do C.P. de Mansilla de las Mulas ao respeito dá situación de José Antonio cando estivo preso neste penal e as penosas condicións de vida na enfermaria da mesma. EsCULcA presentara a queixa hai case un ano, en 11 de xuño de 2013, e nela demandaba a abertura de expediente a fin de constatar se foran vulnerados os dereitos fundamentais deste preso galego. Descoñecemos, de mmomento, as circunstancias e a data deste fatal suceso.

Apontan na noticia que (sic) "o caso de José Antonio, que acabou infelizmente en morte, desvela unha sinistra realidade que as institucións se empeñan en negar: as penosas condicións de vida e a desastrosa atención médica que reciben as persoas no interior dos cárceres do Reino de Espanha".

Ante o descoñecemento do fatal suceso, puxémonos en contacto con EsCULcA, por ver de que nos confirmaran o seu pasamento, algo que fixeron aos poucos e nos deron a referencia de que foi o seu avogado quen confirmara a mesma. Só lembrar que no CP de Mansilla fóralle denegada a liberdade condicional a pesar de padecer unha doenza terminal e era obrigado a permanecer em condicións extremas de isolamento a pesar de padecer SIDA e cancro linfático en estado moi avanzado, que o obrigaba a seguir un tratamento de quimioterapia.

Un outro asesinato mais do estado

Información sobre o caso en Abordaxe (por orden cronolóxico de máis novo a máis vello):

18/9/2013 - A "Junta de Tratamento" do cárcere leonesa de "Mansilla de las Mulas" obstaculiza a liberdade condicional de José A. Vilasó, preso com enfermidade terminal.

1/7/2013 - Agravase a situación de J.A. Vilasó Pardavila, preso galego enfermo e en aillamento no CP Mansilla de las Mulas (León)

17/6/2013 - A "Defensoría del Pueblo" admite a trámite queixa de EsCULcA sobre o caso de José Antonio Vilasó Pardavila

11/6/2013 - José Antonio Vilasó Pardavila, preso galego con doenza grave en folga de fame no CP Mansilla de las Mulas (León)

eDu

No hay comentarios:

Publicar un comentario