10 jun 2014

[A Guarda] Valoración da feira do libro anarquista

Dende Abordaxe solicitaramos ás compas que organizaran tal evento que nos enviaran unhas súas coclusións ao respecto das suas impresión do recorrer da Feira do Libro Anarquista celebrada con gran suceso e moita participación durante os días 25, 26 e 27 de abril na vila de A Guarda.

Agora envían algunhas das conclusións de parte dxs organizadorxs, ao que aportan que agardan que poidan servir de algo. Se ben é claro, que toda experiencia e a súa valoración serve para mellorar as seguintes feiras (tanto se seguen a celebrar en A Guarda como para que outras posibeis iniciativas teñan un espello onde mirar acertos e erros). Así que agradecemos o envío e copiamos e colamos tal como recebemos:

Valoración da II Feira do Libro Anarquista en A Guarda
(25, 26 e 27 de Abril)


- Que se pretendía coa realización do evento???

Esta cuestión pode que se responda a si mesma co nome do evento e sexa bastante coñecida por moitxs de vos, e pode que teña que ver algo co crecemento nos últimos tempos deste tipo de encontros en diferentes lugares do país, en europa e mesmo a nivel internacional, ou igual non. Ao final, como pasa con case todo, cada evento é un mundo aparte, polo que non imos entrar nun debate que desviaría o tema a tratar.

Dende o noso punto de vista a feira buscaba ser un encontro pensado para a divulgación do pensamento libertario como crítica da sociedade que nos rodea e de tódalas formas de dominación, sempre rexeitando calquera mediación política. Con esta iniciativa pretendeuse crear espazos de debate e troco de ideas, incentivando as publicacións independentes e tentando favorecer a interacción e comprensión dos diferentes puntos de vista, sen esquecer en ningún momento a loita d@s compas pres@s e demais loitas que se están desenvolvendo neste momento, mantendo tamén presentes na memoria as que se desenvolveron no pasado.

- Porqué na Guarda???

Non hai moito que explicar con respecto a isto, tan so dicir que xurdiu aquí como podería haber acontecido en calquer outro sitio. Casualmente xuntámonos un pequeno grupo de xente con inquietudes similares que nos levaron entre outros proxectos á realización da feira do libro na nosa comarca.

- Como se desenvolveu???

Que podemos dicir sobre isto que non saiba mellor que nós calquera dxs asistentes, non imos voltar vendervos a programación da feira outra vez. Pero nos vos preocupedes xs que non puidechedes asistir e queirades saber o que pasou por alí esa fin de semana porque o compa do blogue “La rebelión de las palabras” que estivo por alí fixo unha crónica coas súas impresións da que incluimos o enlace a continuación dende Abordaxe. Polo demais que cada quen saque as súas propias conclusións:

http://abordaxerevista.blogspot.com.es/2014/05/acerca-da-ii-feira-do-libro-anarquista.html


- Repercusión do mesmo

Non cremos que sexa o máis indicado que resposten xs organizadorxs a esta cuestión, xa que por moito que se intente ser obxectivo sempre se peca de ver con bos ollos as actividades propias, doutra maneira non tería moito sentido participar en proxectos nos que non se cre. Pero tamén é verdade que tódalas visións aportan algo, e a nosa visión a unhas cantas semanas da realización da feira é bastante positiva, xa que entre os nosos obxetivos estaba o de sentar un precedente en Galiza, ao sentir que había un certo baleiro no que se refire a este tipo de encontros e en maior ou menor medida cremos que algo se fixo. Outra cuestión que nos parece interesante destacar é o feito de que un evento destas características tivera unha asistencia considerable, nunha vila que non queda de paso nin moito menos, e resulta agradable ver que a xente ten tempo para todo e non se move so pola festa. Outro dos nosos obxetivos era sacar este tipo de actividades á rúa e así o fixemos, o tempo dirá se tivo alguna repercusión na vila ou se pola contra pasamos inadvertidos coma se fosemos invisibles. Coma un dos principais obxetivos estaba o de conseguir que as palestras e actividades fosen o máis entretidas posibles e que deran pe a xerar debates participativos e con contido, non sabemos se se conseguiu o que si podemos dicir é que dende a opinión persoal de algunhas de nós non estivo tan mal. Poderíamos seguir coa chapa pero non entraba dentro dos nosos obxetivos.

- Visión e reflexións posteriores á realización do mesmo

Como comentabamos na programación, en Galiza non existían este tipo de encontros, e destacabamos que para nós representaban unha ferramenta necesaria para a difusión do ideal antiautoritario e o intercambio material, ideolóxico e persoal. Neste momento, trala realización da II edición cremos que a grandes rasgos o evento merece unha valoración positiva e podemos dicir que xa temos unha pequena feira do libro en Galiza, feito que nos anima a comezar a pensar na vindeira edición, sempre tendo en conta as nosas posibilidades e limitacións e as dunha vila pequena como é A Guarda. Nun principio, vendo que as previsións de asistencia non deixaban de medrar e con elas tódalas cargas organizativas, non estábamos moi segurxs de poder levalo evento tan ben coma nos gostaría, pero segundo ía avanzando a feira e grazas á axuda da xente do Fuscalho e á gran cantidade de xente de fora que se ofreceu a botar unha man, podemos dicir que a cousa non saiu mal. Por outra banda, é moi probable que debido á falta de experiencia e rodaxe na organización deste tipo de eventos non sexamos conscientes de tódolos nosos erros, e coma calquera, non estamos exentxs de críticas. Polo que, coma sempre, existe a posibilidade de aportar propostas de mellora, posibles cambios, críticas, recomendacións e todo tipo de colaboracións.

- Outras cuestións

Por último agradecer á xente que fixo posible o desenvolvemento da feira en tódolos aspectos a súa colaboración, xa sexa participando nela, difundindo o evento, cedendo material e espazos para a realización da mesma, botando unha man no desenvolvemento das actividades e todo tipo de colaboración. Pedir desculpas pola tardanza á hora de sacar as nosas conclusións referentes ao encontro e se alguén está interesadx en colaborar na organización da próxima edición da feira ou en outras actividades pode poñerse en contacto con nos.

Comentar que continuamos agardando que se reproduzan este tipo de iniciativas por outros lugares do territorio.

Contacto: acaros-baixominho@hotmail.com

Sen mais unha aperta e agardamos voltar coincidir pronto.

Parte dxs organizadorxs do evento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario