Do Colectivo da Mostra da Barbarie, fixéronos chegar esta convocatoria da inauguración desta Mostra, agora en Vilagarcía, e da que xa deramos conta cando se iniciara en Cangas a primeiros de marzo, no que incluímos tambén o texto da mostra É realmente isto unha mostra?: Damos pulo á convocatoria da inauguración:
Rula, Rula, Rula.
A Mostra da Barbarie rula e agora inauguramos en Vilagarcía de Arousa o Sábado 24 de Maio a partir das 19:00 e ate ás 21:30 no local da CNT-AIT da rúa Alexandre Bóveda 2-3º.
Estarán o colectivo pinchadiscos da Mostra "Post amor e rabia" e haberá uns pinchos para a xente que decidades achegaros. Unha pequena festa para que vos sintades benvid@s.
E por suposto, se podedes rular isto por ahí, nós encantad@s e agradecid@s.
http://mostradabarbarie.wordpress.com/
Unha Aperta!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario